martes, 4 de setembro de 2018

sobre Neighborhood, proxecto Internacional de arte postal


Naceu na primaveira o proxecto internacional de arte postal “barrio”/”neighborhood”, querendo conectar o barrio de Os Castros con outros mundos, con outros barrios e artistas de calquera lugar/territorio. A arte postal permítenos esta conexión, permite a liberdade de fluír arte e creación sen xuízos, sen mercado e reflexionando de maneira diversa sobre o tema proposto. Neste caso o barrio, a construción dende e do barrio, do espazo social-urbano do cotiá. Como vemos o noso barrio? Como o construímos? Como o queremos? Etc.
A nosa convocatoria leva a dinámica do mail-art ao barrio de Os Castros, a través de obradoiros de arte postal así como, a exposición das obras recibidas, que terá lugar no Taller Aberto(tallerdepolo ou outro espazo do barrio) no mes de Decembro. Tamén as poderedes ir vendo no blog http://mailartbarrio.blogspot.com.es/



 
Durante o último trimestre do curso fomos recibindo achegas de diferentes barrios do mundo... non de todo o mundo, pero case ;) e imos revisando e desfrutando cada peza que chega, tamén comprobamos o remite para ir colocando unha bandeirola cativa no noso mapa mundial e ir aprendendo xeografía, arte, diferentes formas de mirar o barrio, diferentes formas de facer arte, arte libre como a arte postal: capaz de voar a un lugar descoñecido coa xenerosidade da creación mais divertida ... aprendemos que hai miles de linguas, miles de formas de comunicar... que a vontade é a ferramenta mais eficaz para a comunicación.
Cada nota que pinchamos no mapa, leva unha/un artista remitente, a vontade de comunicar, unha mirada persoal sobre o barrio, unha lingua de procedencia mais unha linguaxe artística, un barrio por explorar no futuro, xenerosidade dende un remoto lugar que descoñecemos ... moita aprendizaxe nos trae esta convocatoria aínda aberta ata decembro de 2018 , compartídenos a vosa lingua/o voso barrio/a vosa mirada !!







Estades invitadxs a participar, a colaborar ou deixarvos enredar en calquera das actividades que iran xurdindo a raíz desta proposta de mail art, “barrio”/”neighborhood”.


 
Barrio, Proxecto Internacional de Arte Postal de Carlos Botana y tallerdepolo, taller de artes plásticas.
Tema: barrio
Tamaño e técnica libres. Sen xuíces. Sen cargos. Sen retorno.
Data límite: 1 Decembro de 2018
Coas as obras recibidas realizaremos unha exposición no barrio de Os Castros.
Enviar a:
tallerdepolo/ Carlos Botana
Rúa / Monte das Moas 17-baixo
Os castros- 15009 -A Coruña, Galicia




 







Ningún comentario:

Publicar un comentario