domingo, 3 de xuño de 2018

despedida do taller de Acuarela


Despedida do noso taller de acuarela, coa promesa de repetir pronto... asi que, reservade datas para o próximo outono que retomaremos camiño acuarelero :) 
 
Os obxectivos foron desfrutar, aprender a manexar a acuarela, perder medos e xerar un bo ambiente de encontro e aprendizaxe, a partir de cero coñecementos do material e/ou coñecementos de artes plásticas nalgunhas das asistentes. 
Participar todas e enchernos de enerxía positiva, vendo que as artes plásticas están ao alcance de todxs nós; son unha ferramenta para descubrirnos, observar o mundo, xogar coa cor, ... compartir en positivo con outras persoas os nosos descubrimentos e aprendizaxes. O máis importante perder os medos, deixar a auga fluír e confiar no azar e a incerteza como posibilidade creativa e como variable nas nosas vidas. 

A visita de Carlota (alumna do taller dende ben pequena, e creativa sen limites),  tróuxonos unhas fotos marabillosas que nos comparte como exercicio na súa aprendizaxe de fotógrafa. Unha moza marabillosa que nos sorprende día a día! 
 
















                             polaroid de despedida: súper alumnas! moitas gracias !


Ningún comentario:

Publicar un comentario