A
primeiros de maio tivemos oportunidade de desenvolver un obradoiro
para mocidade de 12 a 30 anos, enmarcado no programa de lecer
alternativo Nocturnia, un programa que leva anos en funcionamento e
que pretende ofrecer á mocidade alternativas de relación e ocio
nocturno. 
Nós
os propuxemos un obradoiro de estampaxe con peixes (Gyotaku), unha
actividade moi frecuente noutros lugares do mundo, empregada nas
escolas para dar a coñecer a vida mariña ao tempo que xogar e
achegarse as artes plásticas. 
Tivemos
unha xornada moi tranquila e chea de tinta na que foi fermoso ver á
rapazada ter contacto por primeira vez  cos peixes e logo ser
creativxs e xogar co papel e as tintas.  Os resultado foron
sorprendentes, algunhas  imaxes que puiden sacar durante a xornada.
E
estaban moi bos os peixes, mercados nunha das peixerías do barrio










 
Ningún comentario:
Publicar un comentario