martes, 28 de novembro de 2017

micro talleres no Culturgal


Esta findesemana estaremos en Pontevedra na Culturgal. No espazo do tallerdepolo ao longo dos tres días de feira ofrecémosche información sobre o noso traballo, creacións propias como o Fanzine Pequeno Mundo, acuarelas e cadernos orixinais, e temos programados varios micro-talleres, anótate e reserva un ratiño para participar. 




VENRES 1D, Á TARDE

Obradoiro ApeixeríaBotana” (a partir das 17 horas, dispoñible ata esgotar materiais) para maiores de cinco anos.

O pintor do mar, Carlos Botana, descríbenos o mundo mariño cheo de detalles, puntos, liñas, ondas, movementos, escamas, mirar-aberto, encontro-de-especies, ... aprendemos de el , do seu estilo e do seu ollar para recrear nós tamén un peixe dos que habitan as augas galegas. O entendemento das formas, a observación e o gusto por compoñelas no espazo do papel, dando vida a un novo peixe nun contexto creado por ti.


SÁBADO 2D, Á TARDE

GYOTAKU-micro” (as 17 horas, ata esgotar materiais) monotipo de estampaxe oriental que se realiza con peixes. A partir de cinco anos.

Os peixes deixan a súa pegada de tinta sobre o papel de arroz, mentres ti acaricias a súa anatomía e te apropias do seu corpo, da pegada... o Gyotaku é unha técnica oriental de estampaxe creada antes do nacemento da fotografía para acreditar as historias de pesca.


DOMINGO 3D, ao longo do día. 
 
micro-colaxes” ao longo do día ofrecémoste obradoiros de colaxe: a partir de imaxes de revistas, pinturas, verbas,... recortar, re-interpretar e pegar. Unha sesión de mañá (de doce a dúas) e pola tarde a partir das cinco ata as sete. Podes facer o micro-colaxe en familias.

Cort.arte” obradoiro no que re-interpretarás obras de coñecidos pintores para crear algo novo, que nos faga pensar/sorprendernos, a partir de cinco anos. 
 
Cor.tempo” obradoiro para adultos no que dialogar co paso do tempo, estruturas creadas para o cotiá, o paso dos días...

http://culturgal.com/expositores/


Esperámoste co fanzine Pequeno Mundo, info sobre o tallerdepolo e as nosas actividades, acuarelas orixinais con recunchos de Galicia, cadernos de Reciclarte, ...
Visítanos e comparte con nós esta experiencia, comparte algún momento micro-taller ou unha conversa con calma... 








 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario