O sabado 1 de abril
celebrouse La Fete de la Rue Pasteur(a festa da rua Pasteur) no
barrio de Saint Ouen, cerca de Paris. Organizada pola asociacion
Echanges, coa colaboracion de organismos oficiais e outras
asociacions do barrio , leva mais de dez edicions en vinte anos de
traballo asociativo e dinamizador do barrio. Como en edicions
anteriores colaborou na festa (e no obradoiro interxeracional previo)
o chamado Cirque de Galice e ai en medio estaba Polo, entre fermosas
persoas que traballan coa danza e o movemento, co corpo e a voz e
sobre todo, coas ideas… claro que me sentin un pato en medio de
tanto corpo e talento en movemento. Pero un pato moi a gusto vivindo
unha experiencia super creativa dende a mellor das intencions, unir,
compartir, convivir na alegria e na celebracion… agradecida ao
cirque de Galice e a asociacion Echanges( sigcado) polo convite.
Na parte plastica a
idea foi ir creando unha obra que recollera o espiritu e a vivenvia
desta experiencia e da festa da rue Pasteur… empezamos atopando un
taboleiro da rua, logo apareceron papeis enormes de publicidade do
metro, que serviron de base a pintura… a pintura foi cedida pola
Maison de Quartier, unha verdadeira casa/fogar para o barrio e para
nos eses dias… amabilidade, optimismo e xenerosidade sentidas nese
espazo de encontro e aprendizaxes, graci;as. O xoves e o venres fun
empezando a pintar na rua, acompanhada de persoas curiosas que se
uniron a comentar, observar, informarse da festa e actividades e
incluso dar algunha pincelada ao cadro. Para ir traballando nel o
dia da festa según as sensacions, sons, cheiros, ruidos, imaxes,
sentimentos… e asi se foi conformando a imaxe/obra que
representa La Fete de la Rue Pasteur do 1 de
abril de 2017.
A experiencia
permitiunos compartir momentos de organización, preparativos,
desenhos varios… conforme se achegaba o dia, conhecer dende preto
unha asociacion que leva decadas traballando no barrio, un barrio en
continua transformacion e tensions propias da confluencia de culturas
diversas e duns tempos nos que ainda estamos aprendendo a convivir.
Un reto que debemos abordar con humildade e optimismo nun mundo
cambiante e dinamico , novo e ainda por construir.
Lost in translation
en certos momentos e con caos organizatorio propio de calquer evento
dos que levo vividos ata agora, nada que me sorprendera en negativo,
e si esperanza cara ao encontro e conhecemento da diversidade dende o
respeto.
Compartovos algunhas
imaxes, das poucas que tomei, xa que tiven lio dabondo …. imaxes de
traballo, convivencia, festa… mais as ligazons aos traballos das
companheiras do Cirque da Galicie, e asociacions rue pasteur.
Gracias companheiras Anxela, Blanca, Natalie, Vanessa, Davinia e Moncho pola vosa companha e momentos compartidos.
Anxela Blanco
Blanca Blanco
Moncho Varela e Davinia / Colectivo Toxo
Vanessa Rivas/ Lili Gruyere
Natali Schaevers
Chez Madeleine,
fotografias de Moncho Varela
Ningún comentario:
Publicar un comentario