domingo, 15 de novembro de 2015

recolleita de texturas ao aire libre


De novo saímos á recolleita de texturas; dado que, sorprendentemente, o tempo anima a saír á rúa imos aproveitar e facer unha escapada ao exterior! Teño ánimos de facelo porque confío neste grupo de rapazada, sospeito que se centrarán nesta busca e non se xerarán situacións tensas ou de risco. É unha responsabilidade grande, pero tamén debemos tomar e facer noso este espazo que nos rodea, un espazo público de todxs, que debería ser amable e receptivo ao seu uso por tódolxs habitantes da cidade.

 
Saímos cargados cunhas esponxas que recollen moi ben as formas unha vez que fas presión sobre elas ... falo dese material que se emprega moito para os arranxos florais.


 






 



A idea é pasar un rato ao sol, tomar o espazo público traballando, coñecer un material novo, fixarse no que nos rodea (materias, formas, entrantes e saíntes, texturas,...) fixarse nos elementos-útiles urbanos ... por iso faremos tamén un debuxo do recuncho onde atopamos a textura máis chula, a que mellor quedou na esponxa...








 
Logo xa no taller empregamos esas esponxas como base para facer unhas impresións e ver como se transforman de novo; observar o xogo entre os ocos e os saíntes e ir introducíndonos sutilmente no gravado, que traballaremos máis adiante.


 
e aí vai un exercicio máis... unha nova ocasión para a aprendizaxe e a convivencia... difíciles ámbalas dúas nesta sociedade dura, que nos atrapa e nos complica, que entre todxs construímos.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario