xoves, 5 de novembro de 2015

mudanza do taller!!


Empezamos novembro nun novo enderezo, mudamos de local e agora estamos na rúa Monte das Moas, 17-baixo; seguimos no barrio dos Castros!
As mudanzas son momentos intensos e complexos, sobre todo esgotadores e iso faime complicado atender este blogue como quixera... pero non quero deixar de agradecer tanta axuda e ánimo recibido do alumnado e dxs amigxs do taller, da xente que por alí pasades e sempre(dunha maneira ou doutra) estades rondando no vento creativo que nos move e nos da vidiña, estades presentes.

Imaxes dos traballos que van arrancando co novo curso e co novo local: 




 







E primeira obra rematada neste novo niño onde criaremos obriñas e enredos varios cheos de boas enerxías...


                        mmmmmm unha marabilla da alta cociña!!
                                          promete o curso!!! :))



Ningún comentario:

Publicar un comentario