o tema do mes de abril é o ESPAZO, entendéndoo nas súas múltiples dimensións e posibilidades.
Unha posibilidade é levalo a un territorio persoal e cotiá. Propóñovos facer o exercicio; imos combinar a idea de plano( guía de rúas dunha cidade) coa de rutina e tránsitos que nos moven habitualmente.
Primeiro bota un ollo a varios callejeros, planos de cidade e como se representa esta... temos construcións variadas, (vistas dende arriba-en planta- as máis das veces), espazos verdes, parques, zonas comerciais ou empresariais, de ocio,...as veces lagos, rios ou mares... ... e tamén temos diferentes tipos de vías (unión/desunión?- encontro/ desencontro) estradas, camiños, pontes, autovías , aeroportos, .... bici-carrís.... observa como hai distintas estruturas que conforman as cidades: unhas semellan máis caóticas outras máis ordenadas.... tamén observa que o plano se ofrece con divisións para atopar; ocio, transportes, cultura, centro histórico... e con unha cor ou un signo diferentes para cada actividade ou zona...
O
caso é que agora che toca a ti ir recompilando e organizando
distintos espazos propios; os que conforman ese plano por onde te
moves a diario. Son tanto espazos físicos (a túa casa/s,
traballo/s, o tallerdepolo ;) como espazos sen unha forma
física-sólida como as amigas, amores, soños/anhelos, aficións,
blogs,etc ... que se che ocorra.
Tes
que ordenar eses espazos por onde te moves e que te moven facendo un
plano cas súas estruturas e edificacións, e elixir as vías que as
unen/desunen... os movementos que se xeren...
No
taller propuxen un papel cuadriculado para deseñar o plano persoal,
e curiosamente, apenas se organizaron planos cuadriculados ou moi
xeométricos, as formas elixidas foron máis orgánicas que as que
construímos para as nosas vilas e cidades...
Algúns exemplos de planos persoais...
Ningún comentario:
Publicar un comentario