museos
de arte
sempre
recomendo visitar museos de arte; de arte antiga, moderna e, por
suposto, museos de arte contemporánea. O cal non quere dicir que non
sexa crítica con estes lugares elixidos para exportar o que debemos
entender como “o mellor” ou “máis representativo” do mundo
da arte. Recomendo visitar museos de arte (como de calquera outra
disciplina ; etnográficos, relixiosos, artesáns, etc) sempre cun
ollo atento, tratando de ver máis alá, buscando e analizando a
información que se nos ofrece e a que se deixa de dar...
Para
min, como creadora de pezas que estimo e apaixoada das artes, é moi importante a
colocación e accesibilidade das obras expostas, a iluminación e
intencionalidade con que se colocan; a relación que se pode
establecer entre a peza e o observador. E tamén a relación cas
outras pezas que forman a exposición. Por suposto, unha información
axeitada que relacione as distintas obras, enmarque o momento
histórico e nos conte intencionalidades da autora ou autor pero
deixando espazo para a liberdade da/o visitante: liberdade para que
xurdan interpretacións persoais sen prexuízos á hora de conectar,
ou non, ca peza en cuestión.
Xa
son moitos os museos por min visitados, colecciono visitas e, ás
veces, visito sen moitas ganas. Non é bo visitar exposicións se un
non ten realmente interese no que vai a ver: a arte non é unha
obriga e podemos disfrutala tamén de moitas outras maneiras e
noutros contextos menos formais.
Se
me preguntarades por que me da preguiza visitar museos diríavos que
hai varias razóns:
-a
intencionalidade puramente mercantil de moitos museos tanto nas súas
programacións como no resto da súa política divulgativa e
como tamén venden educativa (presionados
polas cifras de visitantes que deben acadar)
-algúns
se converteron en guetos onde nos atopamos sempre as mesmas, ou un
tipo claro(sospeitosamente homoxéneo) de público.
-outros
son espazos tan serios que parecen máis lugares de culto, ou salas
de espera médica, que lugares para a transmisión de cultura,
debate, diálogo, aprendizaxe, troco, pensamento,...
-outros
conteñen esa superfamosa obra que toda/o turista que se prece debe
ir ver, e se converte nun corredor contrarreloxo de fotógrafas/os
cos seus modelos e escaso tempo para interesarse... en cáseque nada.
-e
nalgún estiven no que me sentín timada, e ata con ganas de chorar,
xa sexa polo trato as obras de arte como polo trato as visitantes ou
por todo un conxunto de desatinos, desatinos dende o meu punto de
vista, claro.
E
seguro se me esquece moito que dicir... pero iso é san e deixa moita
marxe para debater, contar experiencias, preguntar e responder
tranquilamente compartindo un momento no taller!
http://www.guggenheim.org/new-york |
http://museotamayo.org/SS1/nosotros/ |
http://www.moca.org/ |
http://www.soumaya.com.mx/index.html |
http://www.getty.edu/museum/ |
http://www.newmuseum.org/about |
http://www.moma.org/ |
Ningún comentario:
Publicar un comentario