Atención! Este luns 11 de maio ábrese prazo para a inscrición nos obradoiros de Nocturnia.
Vémonos o venres no Ágora con distintas e interesantes propostas que nos axuden a representar o cotiá da forma máis creativa.
Atención! Este luns 11 de maio ábrese prazo para a inscrición nos obradoiros de Nocturnia.
Vémonos o venres no Ágora con distintas e interesantes propostas que nos axuden a representar o cotiá da forma máis creativa.
Moitas gracias por vir e compartir a historia das mulleres que deixaron pegada na vosa vida. Imos enchendo un capítulo da historia non contada; o capítulo das que coidaron de nós e sustentaron a vida.
Con motivo dos días europeos da artesanía fun convidada a dar un taller de iniciación á acuarela no CPEE Manuel López Navalón de Santiago de Compostela.
Foi o xoves nove de abril e pasamos unha mañá espectacular :)
A acuarela é un recurso moi bo para acompañar carreiras como perruquería, cerámica, madeira,... como é o caso do Centro Navalón onde a mocidade se prepara para o seu futuro profesional. Ademais de ser un recurso persoal e creativo do máis aconsellable na vida diaria ... para deseños, pintar do natural, facer fondos abstractos e xogar coas cores, etc.
Con motivo da conmemoración do 8 de marzo do 2026 o Concello de Miño apostou polo Mosaico da Memoria unha actividade artística participativa que pon en valor a historia das nosas mulleres referentes: avoas, nais, tías, mestras, amigas,...
Fotografíás de @edgardorosalesphotos
Realizáronse un par de encontros e deixo por aquí algunhas fotografías do acontecido.
Gracias a Catalina, Concelleira de Cultura pola confianza depositada na arte e nas artistas locais.
Os obradoiros levaronse adiante o venres seis de marzo no Centro Social de Callobre e no Centro Social de Ponte do Porco poñendo especial énfase en dar voz e visibilidade á muller labrega e á muller do rural. Con esta actividade que implica á veciñanza das parroquias e do concello compartimos a historia das nosas nais, avoas e tantas mulleres invisibles.
O 8 de marzo fixemos exposición do Mosaico no Centro Social da Rúa, compartimos experiencia e dimos voz ás nosas mulleres referentes.
No evento estiveron o alcalde do Concello e a Concelleira de Cultura así como as persoas participantes dos talleres e veciñanza.
Este xoves 23 de Outubro estarei na Biblioteca Municipal do Forum Metropolitano realizando este taller para público infantil
( de oito a catorce anos).
Se non coñeces os colaxes que realizou Carmen M. Gaite durante a súa estancia en New York recoméndoche solicitar en préstamo o libro na Biblioteca.
Este consiste nunha estupenda recopilación das súas impresions diarias nas que mestura colaxe e textos. O libro titulase Visión de Nueva York.
Lembroche que este taller é unha actividade gratuíta previa inscrición en www.coruna.gal/bibliotecas
Como sempre será un taller divertido e reflexivo!
Volve o Mosaico da Memoria :) esta vez en Teo e en Vigo.
Únete a crear en comunidade esta obra grande polo que representa e porque da visibilidade a tantas mulleres que normalmente quedan aí agochadas... os coidados, os afectos,... ti sabes.
O sábado 20 de setembro estarei en Cacheiras, Teo, no Local de María Xosé Díaz e só tes que reservar a túa praza escribindo ao email polotallerdepolo@gmail.com e así te explico os detalles.
O sábado 27 de setembro estarei en Vigo, na Asociación Lar de Sopas de 11:00 a 14:00 e de catro a seis, argallando xuntas este mosaico.
Sabes que é unha actividade gratuíta para as participantes. Pero si que tes que traer algún material persoal que te indicarei por correo cando realices a túa reserva.
En Teo podes ver a miña expo individual no Local de María Xosé Díaz durante setembro e parte de Outubro. Inauguración o día 12 , estás convidadx!
Aínda queda algunha praza para o obradoiro deste mércores na Biblioteca do Forum. O link para anotarte!
https://www.coruna.gal/bibliotecas/es/actividades/plantillas/actividades-en-las-bibliotecas/detalle-evento/obradoiro-descubrindo-a-moda-a-traves-da-pintura/suceso/1453890393726
Antes da invención da fotografía as pintoras e pintores foron relatores do seu tempo deixándonos valiosa información acerca da moda e costumes propias da súa época.
Neste taller imos combinar a Historia da Arte coa creación contemporánea a través do colaxe, ofrecendo unha perspectiva crítica e creativa sobre a moda de outros tempos.
O
colaxe consiste en crear unha nova representación a partir da
apropiación e mestura de imaxes xa
existentes.
Nós imos empregar como punto de partida para o noso colaxe varias
pinturas que nos mostran a moda do seu momento e deixan constancia
da
súa importancia como expresión de poder, status e
gusto
persoal.
Apropiarémonos sobre todo de pinturas presentes no Museo do Prado ( aínda que tamén doutros museos) e, a partir de estas, realizaremos obras que reflictan os nosos descubrimentos sobre a vestimenta e costumes de séculos pasados.
O mércores 16 de Outubro inauguramos expo no Centro Cultural de A Fábrica de Oleiros. Unha celebración do noso gusto por pintar e de tantos anos que levamos xuntos unidos pola arte.
Levaremos obras as profes; Julia Aguiar, GiselaPolo e tamén teremos traballos das artistas do laboratorio creativo máis pinturas dos artistas do tallerdepolo e como non dos peques do @atelierconjulia.
Pintamos porque temos que pintar e así seguiremos mentras o corpo nolo pida! Estades convidadxs á inauguración e, se non podedes, ide a vela noutro momento e ademais desfrutade da contorna espectacular na que se atopa a sala.
#pintoqueteñoquepintar
Queridxs artistas!
Estamos de celebración xa que Polo inaugurou o mércores 22 de maio ás 19:00 horas na Casa Museo M Pita a exposición Mosaico da Memoria na que exhibe dúas pezas que poñen en valor ás mulleres que nos precederon.
O Mosaico da memoria é unha obra participativa na que a partir de encontros, inicialmente non mixtos, rememoramos ás mulleres que foron referentes para nós. Máis de cincuenta persoas colaboraron na realización de esta peza na que cada unha recrea unha parte do mosaico a partir dos seus albumes de fotografías familiares. Ata o de agora realizáronse encontros en varios barrios de A Coruña, Betanzos e Pontedeume e a obra seguirá medrando xa que realizaranse novos encontros ao longo deste ano e o vindeiro.
A mostra permanecerá na Casa de María Pita ata o 30 de xuño e antes de que finalice realizarase un encontro na propia sala de exposición que fará do Mosaico da memoria unha peza viva.
Vémonos alí!!
Queremos convidarte a que formes parte do proceso de creación dunha paisaxe que recolle a parte feminina do noso pasado, re-visitando ás nosas mulleres referentes; avoas, nais, tías, amigas,... unha oportunidade para conectar e entender ás mulleres que nos precederon. O pasado aínda nos constrúe?
Se estaś interesada en participar escribe a laboratoriocreativopolo@gmail.com para saber as necesidades da actividade e organizarnos o mellor posible, esta é unha actividade gratuíta para mulleres, dentro dun proceso de creación e investigación sobre os coidados.
Benvidas!
Luns 17 de Xullo
de 17:00 a 20:00 horas
Faro de Oza
Un novo convite dende o barrio de
Palavea, moi agradecida a esas veciñas que se achegaron o día 26 de Outubro a compartir un
momento de ledicia e moita consciencia do ser e estar. Gracias á Os Nosos Lares por contar comigo unha ocasión máis e pola labor que están a facer dinamizando do barrio.
Debuxo e a pintura son linguaxes ao alcance de todas nós.
Serven para expresarnos, para mostrar como nos sentimos e transformar enerxías do noso interior en liñas cheas de poder. Por experiencia propia sei o moito que nos pode aportar a arte, como pode revisar a nosa historia de vida e xerar novas formas de ver e interpretar o que temos ao redor, o que cremos ser e como nos relacionamos con estereotipos e prexuízos.
Neste obradoiro collimos un pouco de poder a través da liña e da súa expresividade. A tinta e as sorpresas que nos da e a música como guía do movemento da nosa man.
Un novo convite dende o barrio de Palavea, moi agradecida a esas veciñas que se achegaron a compartir un momento de ledicia e moita consciencia do ser e estar.
Cóntovos!
teño o pracer de colaborar
nunha iniciativa da Asociación de Comerciantes Distrito Oza para
dinamizar o noso
querido barrio.
Está a organizar dita asociación
o “I Concurso de Dibujo Infantil de Halloween” máis unha festiña
familiar para finais de mes coa
mostra de todos os debuxos na entrada do Forum .
Ademais
de colaborar con eles o aporte do tallerdepolo son DOUS VALES por dous meses de clases cada un para os
gañadores do concurso, e máis premios super chulos!!
Gañadores seremos todxs se imos dando pasos para reconciliar a vida do barrio con unha vida acolledora e digna para todas as persoas que o habitamos. Para empezar a dar pasos, se coñecedes nenxs de 6 a 12 anos anímaos a participar, sabendo que o mellor de debuxar é ese momento en que abrimos as portas á imaxinación e deixamos que as liñas camiñen libres representando realidades e soños de maneiras singulares, únicas ;) Elixiranse entre as persoas participantes tres traballos para ser premiados porque non podemos (aínda) premiar a todas, pero si podemos admirar e desfrutar a imaxinación e beleza dos debuxos nunha mostra dos traballos na entrada do Forum do 26 ao 31 de Outubro. Si que gañamos todxs :)
É un pracer que conten co tallerdepolo dende a Asociación de Comerciantes de Oza e poder aportar á veciñanza de Os Castros un pouquiño da ilusión que pode transmitir o debuxo e a pintura. Todxs temos a certeza do que implica un barrio vivo, cheo de comercios e movemento onde poder atopar o que precisamos e establecer relacións que van máis alá do puro acto de mercar.
Anímovos a participar e oxalá teña o pracer de coñecerte en persoa porque vas desfrutar dese vale de clases por dous meses ;)
Preséntovos un novo taller, moi especial, para este último trimestre do ano deseñado para mozas que queiran explorar e dar forma a emocións así como reflexionar sobre o seu lugar no mundo.
Por experiencia propia sei o moito que pode aportar a arte ás nosas vidas, como pode revisar a nosa historia de vida e xerar novas formas de ver e interpretar o que temos ao redor, o que cremos ser e como nos relacionamos con estereotipos e prexuízos.
Este obradoiro de arte impartido no marco da Escola de Apoderamento e Benestar do Concello de A Coruña, está destinado a mozas de 12 a 17 anos, terá unha duración de 10 horas distribuídas en cinco sesións de dúas horas dende o 4 de Novembro ao 2 de Decembro.
Nace cos obxectivos de dotar de ferramentas técnicas e artísticas para a expresión emocional, canalizar a expresión e a reflexión sobre as emocións e os debates internos a través da arte. Dar a coñecer a obra de artistas que realizan as súas pezas con enfoque de xénero e proporcionar figuras de relevancia e role models coas que sentirse identificadas contribuíndo ao seu apoderamento.
Traballaremos o apoderamento persoal e colectivo coa arte como medio para a interpretación das emocións. A capacitación emocional empregando a expresión artística como ferramenta para enmarcar, dar nome e “saídas” as emocións así como a capacidade de crítica e reivindicación na auto- reafirmación.
Empregaremos diferentes técnicas, grafito, acuarela, tinta, rotuladores, etc. experimentando unidas para expresarnos dende a liberdade ao tempo que falaremos sobre a obra de artistas referentes que nos aporten puntos de vista e ilusión para enfocar a vida.
Vai ser un espazo máxico para medrar. Reserva xa a túa praza! e comparte se coñeces mozas que poderían desfrutalo :)
https://www.coruna.gal/igualdade/es/programas-y-actividades/escuela-de-empoderamiento-feminista?argIdioma=es
Este verán volvín a retomar o contacto coas persoas máis novas e foi gracias ao Concello de Oleiros que me confiou a tarefa de dar un obradoiro de Ilustración e banda deseñada para idades a partir de seis ata doce anos, un rango amplo no que hai que ofrecer intensidades distintas adaptándonos tamén ao lúdico do tempo de vacacións.
A prioridade foi que o pasaran ben, deseñar un obradoiro dinámico, con exercicios diferentes cada día, sabendo que a asistencia nos días de verán é desigual. Que confiaran nas súas habilidades e que levaran recursos para trasladar ao papel as súas ideas e historias por contar.
A avaliación final deixounos moi boas notas as dúas; contei coa axuda de Iria de @sucedeartevisual unha persoa marabillosa coa que foi moi fácil traballar e manter un ambiente enerxético e de ilusión cada día do taller.
Comeza o outono e xa estamos empezando un novo curso, na pestana de HORARIOS 22-23 tes información de días, horarios e actividades que estamos armando pra que o próximo sexa un bo curso, cheo de ilusión e creatividade.
O domingo 26 e o luns 27 o Faro de Oza se iluminará de arte.
O luns 27 CompartiremosO xuntanza artistas locais falando de experiencias e proxectos levados adiante o pasado 2021. Será unha presentación tranquila para coñecer proxectos desenvoltos o pasado ano, poñer en valor os nosos traballos, coñecernos e facer rede para próximos proxectos ou convocatorias. E un evento aberto a artistas, persoas interesadas na arte e público xeral que queiran coñecer como está o ambiente creado cidade; benvidas as voces todas.
Contaremos con:
Verónica Moar, cerámica artística e performance, presentàndonos o seu traballo “Portas do mar” https://www.veronicamoar.com/
Verónica Nóvoa, arte textil, presentará as Xornadas ATC.
https://www.instagram.com/veronovoa__/
Paula Pintos, de Cía. Masamadre, que nos falará de Icaro @_icaro___ .
www. Ciamasamadre.com
@ciamasamadre
@_icaro___
Victor Ares, ceramista, cederanos para a ocasión unha das súas Mulleres floreiro, veremos o vídeo poema “A ciencia do poema” de Estibaliz Espinosa.
@victorares https://es-la.facebook.com/varesces
https://estibalizespinosa.com/tag/poemas/
Julia Aguiar, artista plástica, nos contará sobre os “Muráis Mariñeiros As Xubias” e falaremos tamén con https://www.instagram.com/julia.guiar/
Eu vos contarei sobre o Transitando arte a experiencia, colaboracións e o resultado e estarei encantada de vervos xunto ao mar. https://transitandoarte.wixsite.com/transitandoarte
O domingo serán a equipa do laboratorio creativo as protagonistas que nos compartirán os seus avances do curso pasado e contaránnos en que momento se atopan, veredes que marabillas están a facer! O domingo ás doce presentación deste equipo lab e
Paula Cabaleiro e Toni García presentarán o poema visual “Corazón florecido” as 13.00 horas
Seguiremos no Faro o resto do día, con cafeteira incluída e praia ao carón, mellor momento para coñecernos imposible ;)
Fun convidada en Maio a participar no “Laboratorio Escóitasme?” Da Fundación Luis Seoane para propoñerlles un reto a un grupo de mozas e mozos a partir do visionado dalgunha das miñas obras. O laboratorio Escóitasme comezou durante a pandemia e, un numeroso grupo de familias atoparon nel un momento de diversión e achegamento ao arte dende a distancia e seguen aínda facendo esta proposta pero de maneira presencial. Trátase dunha idea de Fermín Blanco creador do Sistema Lupo e que conta con numerosas intervencións didácticas e de educación artística en museos, colexios, e diferentes contextos.
Elixín para este grupo realizar un reto en papel, mediante o colaxe, un reto no que mesturamos o pasado e o presente a través das imaxes, mirando a importancia que o pasado, o noso pasado ten na nosa construción identitaria tanto individual como colectiva e como podemos revisar e re-escribir a nosa historia a través das imaxes; ofrecéndonos novas oportunidades para vernos distintas.
Mostreilles varias das miñas obras pero vouvos compartir aquí dúas; un acrílico no que incorporo tamén o colaxe ao mesturar papeis e fotografía. E un colaxe que realicei recentemente para unha publicación de Aselafem (Asociación de Estudos Laborais Feminista) Receitas de vida, Economía Feminista. E móstrovos imaxes de como foi tomado o reto e dos resultados.
Moitas gracias á Fundación Seoane e a sua directora Silvia Longueira por pensar en min para este exercicio tan interesante nunha compañía tan agradable.
Enredoume “Marina nai de dia” para incorporar a miña forma de entender a expresión plástica ao seu proxecto de “madre de día”. Marina González lidera dende hai anos un proxecto de nai de día en Santa Gema, en A Coruña. Unha pequena familia de peques de cero a tres anos coidados e moi queridos por Marina que os acolle ao longo do ano, coincidindo normalmente co curso escolar.
Un reto e unha gran aprendizaxe levar a miña práctica a estas persoas tan pequenas como abertas ao mundo e a exploración, aprendo eu básicamente :)))
Síntome feliz con esta oportunidade que me brindou Marina, unha compañeira marabillosa e xenerosa. Momentos incribles vividos con unhas peques que teñen en Marina unha compañeira para medrar cheas de cariño.
O entorno para as peques ao chegar o bo tempo é unha delicia, un pequeno xardín permitenos experimentar fóra desfrutando do aire libre. Na imaxe podedes ver o mural que pintei o pasado verán para darlle cor e máis visibilidade ao seu espazo.
Neste taller deseñado para a Asociación veciñal “Os nosos lares” de Palavea tiñamos o reto de reutilizar e reciclar materiais , aproveitando o que temos; para reflexionar mediante a arte sobre a sociedade de consumo na que vivimos.
Mediante o colaxe reciclamos folletos publicitarios dos que chegan a mogollón as nosas caixas de correos, tamén imaxes de revistas vellas e caixas de ovos da empresa Pazo de Vilane, caixas de cartón moi interesantes para re-utilizar.
Cada participante no obradoiro explorou acerca dos seus desexos e tamén sobre cal son esas necesidades vitais realmente imprescindibles para seguir adiante coas nosas vidas. Resultando que nesas necesidades estaban os afectos, as reunións sociais e a tranquilidade... que se mesturan co desexo porque á vez que son necesidades de primeira orde tamén representan momentos de ilusión e goce. Os desexos de bens materiais que estruturan a sociedade de consumo fronte ao afectivo, que moitas veces, se transforma-confunde nun ben de consumo. O colaxe para este taller funciona moi ben e permite representar fielmente obxectos pero tamén mostrar metafóricamente anhelos abstractos de maneira moi persoal. Para algunhas das participantes foi a súa primeira experiencia co colaxe, quedaron moi satisfeitas coa actividade e coas posibilidades que lles brinda o cortar e pegar.