Amosando publicacións coa etiqueta óleo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta óleo. Amosar todas as publicacións

domingo, 28 de setembro de 2025

EN OUTUBRO EMPEZAMOS TODOS OS GRUPOS

En outubro todos os grupos empezamos a traballar, e aínda queda algunha praza por se te despistaches. Os venres hai dous grupos para peque artistas e mocidade; as catro e media e as seis!


Atención porque tamén empeza o laboratorio creativo, e lembra que antes de empezar temos unha charla persoal para afinar o camiño que vas facer durante o laboratorio. A primeira sesión será o día 11 de Outubro e xa están marcados o resto de sábados que imos quedar.  Apuuuura!!





venres, 5 de setembro de 2025

EMPEZAMOS O CURSO!

 ATENCIÓN!

 

empezamos novo curso o mércores 17 de setembro

 

Grupo de 11:00 a 13:00 

Grupo de cinco a sete

 

E tamén o xoves: de catro a seis e de seis a oito. 

 



O grupo infantil comeza en outubro.

O laboratorio creativo para mulleres comeza en outubro pero xa estamos facendo as titorías individuais para ir situandonos no camiño. 

Reserva a túa praza ou infórmate en polotallerdepolo@gmail.com 





martes, 24 de agosto de 2021

Mocidade pintando e creando!

Despedimos o curso para a mocidade en Xullo, saíndo a pintar fóra aprendendo coa práctica elementos esenciais da pintura e, ao tempo, tomando o espazo público da maneira máis fermosa; traballando xuntxs, creando, aprendendo, falando cas persoas do barrio que preguntaban curiosas... sendo protagonistas dunha experiencia chea de satisfaccións.

 Un curso intenso e fermoso tamén, cheo de grandes momentos como vai ser o próximo, seguro :) O próximo curso seguimos adicando os sábados a persoas mozas a partir de dez anos. É un espazo de formación e de expresión, promovendo a creatividade e o acercamento ás artes na súa complexidade e diversidade. Pensando nun futuro dinámico e cambiante no que a plasticidade e a capacidade de buscar estratexias creativas para levar adiante unha vida satisfactoria vai ser fundamental. 





 
 


 


 

luns, 1 de marzo de 2021

Actualizando o horario de clase!

Bo día, que vos hei contar que non saibades xa? O horario foi mudando cada semana e iremos adaptándonos ás necesidades dos grupos e aos cambios que, dende as autoridades, nos marquen
As clases estiveron e están en marcha, adaptándonos a cada protocolo, con coidado e aportando moita creatividade, arte e benestar!! Aquí seguimos!!
As clases son en pequenos grupos  (catro persoas) o que nos está permitindo mesturar intereses e unha atención súper persoal e a medida, de maneira que cada alumna-o vai explorando tecnicamente aquelo que desexa probar ou dominar. Lembrade que podedes aprender a pintar dende cero ou avanzar e explorar algún bloqueo ou dificultade que teñades pendente de resolver;  óleo, acrílico, mesturar técnicas... aprender acuarela, colaxe, debuxo... hai moitas posibilidades, eu vos guio!

O noso horario actual ven sendo o que vedes na imaxe, máis horas soltas de titorías para o grupo de laboratorio, un taller de laboratorio mensual para mulleres creativas(te apetece explorar toda esa parte creativa que hai en ti ?), un grupo de peque artistas ( de seis a dez anos) liderado por @atelierconjulia , Julia Aguiar aportando enerxía e moito amor a esas clases moi coidadas e enriquecedoras. Abrimos nova quenda os venres, calquera información que desexes con gusto te contestamos tanto eu (617293024) como Julia no tlf. 634583689
Tamén en marcha un pequeno grupo que se está achegando á fotografía e ao manexo/comprensión das redes sociais nestes “tempos tan de imaxe” – con cámara ou co teu telefono móbil-  liderando o fotógrafo Lyonell Quiroz  -temos unha praza libre esperándote, non te despistes! Cosúltanos calquera dúbida! 




A primaveira empeza e a nós píllanos facendo o que tanto nos gusta, compartir arte, aprendizaxes e tempo de calidade. Estámoste esperando! 

 

 











 

 

luns, 9 de novembro de 2020

Aportando arte

Nestes momentos de incerteza, e tras a corentena, síntome leda xa que o taller segue a aportar arte. É un espazo cheo de vida no que se comparten aprendizaxes que ilusionan e que miran cara adiante. Seguimos pintando, experimentando e debuxando en pequenos grupos nos que tamén compartimos o sentir e as emocións destes días.

Temos en marcha pequenos grupos de pintura, onde cada persoa pode explorar segundo como se sinta e en función dos obxectivos que cada estudante se marque. Un grupo de acuarela, expresión plástica para mocidade, debuxo e un grupo de laboratorio que se reúne unha vez ao mes. Tamén ofrecemos titorías individuais.

Se dubidas da túa capacidade creativa ou te sentes bloqueada; queres mirar cara adiante e buscar confianza e motivación pásate polo taller ou escríbeme e deseñamos xuntas un plan que te active.

Todo en grupos reducidos, e tendo en conta as medidas de seguridade fronte a covid 19 

 




venres, 8 de maio de 2020

Este verán será un tempo de acción

A incerteza conéctanos a todas/os estes días, recuperar as actividades cotiás será cousa de tempo e tamén de enerxía pois todxs quedamos afectadas dalgunha maneira e por suposto, emocionalmente. Pero todxs temos tamén experiencia en cambios e en emocións fortes e sabemos que pasar á acción e tomar o control é sanador. As artes conectan acción, pensamento, corpo, emoción e por suposto, curación.

Este verán será un tempo de acción: recuperar e prepararse para un mundo cambiante porque queda moito por vivir e moitos retos e aventuras. No tallerdepolo ofrecerémosche as clases habituais de pintura e, a maiores, estas pílulas estimulantes.






domingo, 10 de marzo de 2019

Todo é empezar


En calquera momento ao longo do curso podes incorporarte a un dos grupos de técnicas de pintura para aprender a pintar dende cero ou, se tes coñecementos previos, podes buscar novos camiños e novas aprendizaxes técnicas. Incorporarte vai resultar mais fácil do que pensas e, pouco a pouco sentirás os beneficios de adicar un tempo a unha actividade creativa así como, compartila con outras persoas. A creatividade está dentro de nós, só precisamos un pouco de confianza e un espazo axeitado para deixala aflorar: todo é empezar.







 



 

A maiores de pintar compartimos tempos de charla, de celebracións, visitas a museos e outras actividades que nos unen e reforzan as aprendizaxes. Esperámoste! 




domingo, 3 de febreiro de 2019

pintura en boa compañía


Compártovos algúns dos últimos traballos das clases de técnicas de pintura, onde o alumnado se vai achegando á pintura con distintos ritmos, segundo os seus obxectivos. Algunhas persoas empezan de cero, outras son autodidactas; prefiren pintar ao seu xeito e só queren asesoramento de cando en vez... e outras queren compartir o seu tempo nun espazo creativo, compartindo afección e bos momentos.
 
Pintar pode ser moi gratificante como afección; aprendes ao teu ritmo e sen presións, compartindo cada avance co grupo de clase e sentindo gran satisfacción ao rematar un traballo longo e pleno. E, o mellor é que nos vai introducindo no marabilloso mundo das artes, un mundo que nos pode ampliar a mirada e a mente. Anímate porque pode ser o que estabas a buscar ;)


Pam pinta seus cans ao óleo, empezando. 


 Pepita pinta un cadro ao óleo para un agasallar


 Pily pinta un óleo dun lugar que coñece moi ben, do seu pobo.



 
 Mari Carmen regala un cadro a cada neta




  Maribel adoita pintar en acrílico





África se esta iniciando en todo este mundo da pintura



A Loly gústalle moito pintar fiestras e portas





 óleo de Maite, sempre soñando

Manolo avanza no seu óleo

                              Natalia avanza nun agasallo especial, óleo.

 Victoria remata o seu deseño de paraugas.

domingo, 7 de outubro de 2018

hai diferentes maneiras de achegarse á pintura, só tes que probar


Hai moitas razóns para empezar a pintar; dende unha ansia de expresar, de explorar esa creatividade que levamos todas as persoas dentro, facer coas mans, coñecer e relacionarnos con outras persoas mentres probamos unha nova actividade ou, tamén hai persoas ás que sempre lles gustou o debuxo e a pintura e, por voltas da vida (todxs sabemos desas voltas) adicáronse a outra profesión ou á súa familia... e agora teñen un tempo(que é un tesouro) pra adicarlle aos soños. 



Hai diferentes maneiras de achegarse á pintura porque temos obxectivos distintos, anhelos propios que -as veces- nin a nós mesmas nos confesamos. Segundo sexan as nosas motivacións e os nosos ritmos, podemos ir aprendendo dun xeito ou doutro... ir probando. 
 












Cadro ao óleo rematado!este bosque de bambú en Japón é un lugar ao que soña viaxar,  e Maite empeza por pintalo ;)