As clases estiveron e están en marcha, adaptándonos a cada protocolo, con coidado e aportando moita creatividade, arte e benestar!! Aquí seguimos!!
As clases son en pequenos grupos (catro persoas) o que nos está permitindo mesturar intereses e unha atención súper persoal e a medida, de maneira que cada alumna-o vai explorando tecnicamente aquelo que desexa probar ou dominar.
-Ofrecémosche explorar e perfeccionar a túa técnica (debuxo, pintura) de maneira divertida e acadando unha formación axeitada aos teus intereses persoais e profesionais. Atención personalizada acorde aos teus obxectivos.
-Preparámoste para a entrada en Escolas de Arte- Artesanía - Deseño.
-Activamos e damos impulso á túa creatividade, traballando conxuntamente, ao teu ritmo e atentas ao teu sentir. Acompañamento no teu proceso creativo.
Realizamos
obradoiros e actividades ao longo do ano, clases de PINTURA
semanais (óleo, acrílico), ACUARELA, DEBUXO, visitas a espazos que estimulen a nosa
imaxinación (exposicións, museos,....) talleres específicos
(aprendizaxes de técnica, distintas propostas artísticas,
colaboracións con artistas e outr@s profesionais (ilustración,
artesanía, educación). LABORATORIO, taller de acompañamento en procesos creativos e de transformación persoal.
VENRES TALLER INFANTIL, grupo reducido: un grupo de peque artistas ( de seis a dez anos) liderado por @atelierconjulia , Julia Aguiar aportando enerxía e moito amor a esas clases moi coidadas e enriquecedoras. Abrimos nova quenda os venres, calquera información que desexes con gusto te contestamos tanto eu (617293024) como Julia no tlf. 634583689
Consúltanos sen compromiso ou ven a unha clase de proba en :
Monte das Moas
17-baixo- A Coruña . Tamén podes contactarnos a través do correo
polotallerdepolo@gmail.com
ou no telefono 617293024 . @Polo_tallerdepolo
Ningún comentario:
Publicar un comentario