Este verán volvín a retomar o contacto coas persoas máis novas e foi gracias ao Concello de Oleiros que me confiou a tarefa de dar un obradoiro de Ilustración e banda deseñada para idades a partir de seis ata doce anos, un rango amplo no que hai que ofrecer intensidades distintas adaptándonos tamén ao lúdico do tempo de vacacións.
A prioridade foi que o pasaran ben, deseñar un obradoiro dinámico, con exercicios diferentes cada día, sabendo que a asistencia nos días de verán é desigual. Que confiaran nas súas habilidades e que levaran recursos para trasladar ao papel as súas ideas e historias por contar.
A avaliación final deixounos moi boas notas as dúas; contei coa axuda de Iria de @sucedeartevisual unha persoa marabillosa coa que foi moi fácil traballar e manter un ambiente enerxético e de ilusión cada día do taller.
Comeza o outono e xa estamos empezando un novo curso, na pestana de HORARIOS 22-23 tes información de días, horarios e actividades que estamos armando pra que o próximo sexa un bo curso, cheo de ilusión e creatividade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario