luns, 26 de setembro de 2022

Comezamos un novo curso!! de Outubro a Xuño con grupos de pintura e debuxo, taller infantil e unha nova posibilidade; teatro terapia.

As clases son un tempo para ti, para compartir en compañía o pracer de pintar, aprender e facer cousas moi lindas. Aprender a pintar e moito máis! Lembra que tamén sairemos a ver exposicións en grupo; aprender a través da obra de outros artistas e pasar un tempo de calidade compartindo cultura e arte.


Na pestana HORARIOS 2022-2023 tes toda a información e tamén contactando comigo no tlf. 617 293 024 ou en polotallerdepolo@gmail.com 

Grupos reducidos de pintura e debuxo os luns e xoves pola tarde e mércores pola mañá, con Polo como mestra. Reserva a túa matricula canto antes!
Seguiremos traballando en pequenos grupos, nos que podes debuxar e pintar: óleo, acrílico ou acuarela, probar a mesturar técnicas ... nas tardes do luns e xoves . Con amplo horario para conservar eses grupos cativos (podemos empezar as catro-cinco e ata as oito ou nove, segundo se formen os grupos cada dúas horas). Tamén seguimos pintando os mércores pola mañá no mesmo horario habitual a partir das 10:30 horas.
Nos grupos de PINTURA podes probar diferentes técnicas e buscar a que se adapte máis a ti e ao momento no que te atopas. Mellorar o teu debuxo, adquirir coñecementos básicos para afrontar o debuxo e o volume, perspectiva ou anatomía e prepararte para acceder a escolas de arte é tamén algo que podes ir facendo ao longo do curso, realizando un bo portfolio e acadando solidez e confianza na tua man.Para o Debuxo o SABADO pola mañá é un bo día, menos un sábado ao mes teremos clase as 11:30 horas.

Laboratorio creativo
O lab para mulleres estará activo por trimestres de outubro a decembro, xaneiro-marzo e abril-xuño. Non se require matrícula pero si o compromiso de pago, por trimestres, de todos os meses que dura a actividade (de outubro a xuño) aínda que non poidas asistir ao obradoiro do mes (xa miraremos o xeito de compensalo). A mensualidade de 60 euros cubre o taller mensual (mínimo de tres horas un sábado o 3º ou cuarto sábado do mes ) e unha titoría individual trimestral .
Actualmente podedes ver unha exposición no Café Universal cos traballos de dúas das participantes do primeiro laboratorio, Marta V e Paula Cabaleiro, pásate a vela!
A primeiros de 2023 expoñeremos na Casa Museo de María Pita un conxunto de traballos de algunhas das participantes de este marabilloso grupo de creación.

Taller infantil
As clases do grupo Infantil impartidas pola artista Julia Aguiar continúan todos os venres de cinco a seis e media, cun prezo de 48€/mes (exentos de matricula) e inclúe todos os materiais excepto un bloc de debuxo persoal (A3 acuarelable) para cada nenx. Calquera información Julia vos contesta con gusto no telf. 634 583 689  ,no email juliaguiarmarcos@outlook.com e no Instagram e facebook @atelierconjulia

Taller de teatro terapia
Unha novidade que nos ofrece este curso Marina Rivela é un grupo de teatro terapia, unha actividade moi especial “Un lugar donde la expresión en libertad es bienvenida y cuidada. Soltar carencias, creando así una red para caer en un remanso de paz, de alegría. Necesitamos estar curad@s para curar e intentar construir nuestro mundo interior más fuerte que nunca.” para adultos nas tardes dos mércores .
Podes consultar polo miúdo con Marina no tlf. 651 497 857 ou no Instagram @T. espejoalma

"Un espazo para coñecernos e entender que nos ocurre moitas veces con nosoutrxs mesmxs e cos demais. É curioso porque cando nacemos vimos con toda a información para poder vivir en paz, para gozar do simple, do cotiá. Que nos ocurre pra que logo non sexamos cpaces de captar o sentido da vida? E as veces é tan fácil como: escoitate, para , respira e desfruta. "


Clases de arte terapia os Mércores pola tarde!  contacta con  Marina Rivela no instagram @t.esperjoalma ou no tlf. 651497857



Espérovos no taller! Compartindo momentos moi especiales cheos de creatividade e humanidade :)




Ningún comentario:

Publicar un comentario