venres, 27 de novembro de 2020

“O que desexo o que necesito”

Neste taller deseñado para a Asociación veciñal “Os nosos lares” de Palavea tiñamos o reto de reutilizar e reciclar materiais , aproveitando o que temos; para reflexionar mediante a arte sobre a sociedade de consumo na que vivimos.

Mediante o colaxe reciclamos folletos publicitarios dos que chegan a mogollón as nosas caixas de correos, tamén imaxes de revistas vellas e caixas de ovos da empresa Pazo de Vilane, caixas de cartón moi interesantes para re-utilizar.

Cada participante no obradoiro explorou acerca dos seus desexos e tamén sobre cal son esas necesidades vitais realmente imprescindibles para seguir adiante coas nosas vidas. Resultando que nesas necesidades estaban os afectos, as reunións sociais e a tranquilidade... que se mesturan co desexo porque á vez que son necesidades de primeira orde tamén representan momentos de ilusión e goce. Os desexos de bens materiais que estruturan a sociedade de consumo fronte ao afectivo, que moitas veces, se transforma-confunde nun ben de consumo. O colaxe para este taller funciona moi ben e permite representar fielmente obxectos pero tamén mostrar metafóricamente anhelos abstractos de maneira moi persoal. Para algunhas das participantes foi a súa primeira experiencia co colaxe, quedaron moi satisfeitas coa actividade e coas posibilidades que lles brinda o cortar e pegar. 

 






 

Ningún comentario:

Publicar un comentario