mércores, 19 de agosto de 2020

Taller LABORATORIO: a por un segundo equipolab!

O laboratorio está a resultar unha experiencia absolutamente gratificante e enriquecedora, a labor de propiciar o tránsito das participantes do grupo polo seu propio proceso artístico no marco dun estimulante espazo de seguridade é un reto e, sobre todo, un agasallo para min.

Foise construíndo durante este curso pasado un equipo de lab: un grupo de mulleres con inquedanzas similares e que promoven a forza e a confianza en cada unha das compañeiras. Experimentando e desenvolvendo métodos e procesos creativos xerando confianza e sen pretender como obxectivo ultimo conseguir unha obra pechada.

O laboratorio consiste nun acompañamento ao teu proceso creativo, un taller ao mes no que compartimos os nosos intereses e os avances do noso traballo plástico. Podes combinalo con titorías persoais nas que traballar aspectos concretos que che preocupen e o ritmo de traballo o marcas ti.

Para este curso que iniciamos en Setembro imos crear un novo equipo de laboratorio, gustariame contar contigo!

 

 Escrébeme e imos tecendo ese grupo de compañeiras que farán o teu camiñar mais lixeiro!








Ningún comentario:

Publicar un comentario