xoves, 20 de agosto de 2020

Taller creativo en #ponllearte2020

 

Falamos de desenvolver un proceso de creación en grupo e en relación co barrio e os seus habitantes nun momento tan complexo e incerto como o deste verán 2020. Dende logo enumerar as dificultades coas que nos enfrontamos sería longo e desalentador mais os resultados obtidos falan dun espírito optimista xunto coas ganas de loitar, facer, crear, saír adiante... Quedamos con iso. Sobre todo destacar a complicidade de mais de vinte comerciantes e hostaleiros do barrio apoiando un proxecto artístico para a mocidade, entendendo a riqueza e a conexión que as artes e a cultura poden xerar cara o noso benestar social. Tamén contar co apoio do equipo de traballo conformado por Son Mosteiro e Carlota Méndez fixo posible os avances e logros deste ponllearte tan complexo.

Un pequeno grupo de mozas de mozos creadores coñecendo o barrio e pensando no momento que vivimos, nos intereses propios e como estes se reflicten na contorna. Fixemos paseos, visitas e actividades (dentro das limitacións para garantir a seguridade e saúde de todas as participantes). Puidemos coñecer algúns dos comercios colaboradores co proxecto, outros non xa que era difícil entrar e atopar un momento axeitado para a visita tendo en conta as restricións de aforo. Puidemos facer varios talleres e actividades: un obradoiro de “cosido en papel” a cargo de Verónica Nóvoa (lamujeraraña), un “taller de pintura de miniaturas” en La Fortaleza ou “aprender a tecer” con un pequeno grupo de mulleres tecedoras, tamén da man de Verónica. Coñecemos a obra de Benito Freire escultor do barrio, as pinturas de El Chano artista plástico veciño de Os Castros ou o proxecto Calpurnia da nova artista Belen Serra . Saímos a visitar a exposición de debuxos de “Retratos para la cuarentena” analizando as obras e comparando barrios, urbanismo, viandantes. Conectando estas vivencias nosas co barrio; co que agocha e o que mostra, o que nos gusta e o que non tanto... fotografar, descubrir e falar para despois crear, ir soltando no papel o vivido, as nosas reflexións ou emocións.

Cubrimos boa parte dos obxectivos marcados de cara ao equipo creador, como dar estimulo nestes momentos complicados ou descubrir que somos persoas cheas de creatividade e mellorar o noso ollo cara á cultura gráfica e visual. Tamén a parte de investigación e creación en relación ao noso tema; achegándonos ao barrio e conectando coa vida cotiá. Aportando unha mirada distinta cara aos negocios locais e o que nos ofrecen; reflexionando sobre a nosa contorna e como a vemos ou a obviamos.

Sen dubidas todo un logro tendo en conta o ambiente na rúa e na nosa sociedade, aínda quedan tarefas por facer... Sigue o proxecto polo miúdo nas redes sociais.

@ponllearte e ponllearte.blogspot

 @ocupacions significativas e @carlotamendezfotografia 

Fotografias de @carlotamendezfotografia  










 https://www.instagram.com/elchano_o/?hl=es

 https://www.lamujerarana.com

 https://es-es.facebook.com/pages/category/Hobby-Store/La-Fortaleza-Miniaturas-269070420469544/

 https://benitofreire.com/

 https://www.belenserra.com/GL/

 

 

 

 

 

 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario