venres, 25 de setembro de 2020

Horario para o curso 2020-2021

Novos horarios para adaptarnos aos tempos, poden sufrir cambios segundo vaiamos necesitando adaptarnos -sobre todo- adaptarnos as necesidades do alumnado.


Lembrarche que podes vir a clases de PINTURA e aprender dende cero ou explorar algún camiño novo. Eu te acompaño atenta ao teu ritmo e promovendo a túa creatividade. Tamén abrimos grupo de DEBUXO e ACUARELA. E para persoas a partir de dez anos un grupo de Expresión Plástica os martes pola tarde e sábados pola maña. E de novo LABORATORIO, taller de acompañamento en procesos creativos e de transformación persoal.

Calquera dubida ou proposta so tes que contactar a través do telf. 617 293 024 ou o email polotallerdepolo@gmail.com

E, por suposto, achegarte ao taller; coñecernos e falar de ese interese concreto que tes na pintura ou en desenvolver algunha faceta creativa.





Ningún comentario:

Publicar un comentario