O ultimo venres de Xullo foi a quenda dun Nocturnia especial (programa de ocio saudable para a mocidade promovido dende o Concello de A Coruña) . Unha edición especial para este verán; para ofrecer ás persoas mais novas oportunidades de ocio diverso e de calidade.
Ao tallerdepolo correspondeulle un obradoiro de "Colaxe da natureza", no que empregamos unha selección de imaxes vexetais, animais... como punto de partida para crear composicións sorprendentes e fermosas. Unha boa xornada traballando con un pequeno grupo de mozas do mais creativas; pasou o tempo voando!!
Estade atentxs ao programa Nocturnia, aínda tedes talleres e actividades estupendas ao voso alcance, gratuítas e favorecendo un ocio diferente. Aproveitade mentres dure ;)
https://www.coruna.gal/cmix/gl/necesidades-de-fogares/nocturnia-xullo-agosto-2020-programa-de-ocio-alternativo/suceso/1453736666716
Ningún comentario:
Publicar un comentario