Ola, son Polo

Na nosa oferta de clases contarás coa experiencia de Polo, con unha formación ampla e variada pero sobre todo con gran motivación e experiencia como mestra.

O tallerdepolo   suma un ano máis a Julia Aguiar para ofrecer un curso cheo de ilusión e imaxinación aos máis cativos. E Patricia Saavedra ofrece un curso de Debuxo Manga e de Modelado en arxila de secado ao aire. 



                                                    
 
  
         Son Polo, eu descubrín a pintura aos 26 anos e dende entón emprego a arte para dialogar co meu pasado e entender e mudar o presente. Comparto coas persoas que se achegan ao tallerdepolo un espazo para soñar e romper eses limites que ás veces son autoimpostos.

      Dende o ano 2000 que remato estudos de Volume na EASD P. Picasso desenvolvo unha faceta de mestra de artes plásticas no tallerdepolo sumando cerca de seis mil horas de docencia a alumnado de diferentes idades e intereses.

       Formei estudantes para o acceso a Universidades de Belas Artes de Madrid, Valencia, Gnomon School of VFX Games &Animation e EASD P Picasso e que actualmente traballan no eido artístico.

     Con toda esta experiencia acumulada vou dando forma dende 2020 a un Laboratorio creativo para mulleres; nun proceso de empoderamento persoal a través da exploración artística . Particularmente durante as restricións pola pandemia realizamos actividades virtuais, e axiña presenciais, nas que potenciamos de maneira importante a resiliencia, o traballo colaborativo e a actividade artística como forma de benestar.

     Nos anos 2022 -2023 participei como tallerista na Escola de Benestar e Apoderamento do Concello de A Coruña. Realizando nos últimos anos traballos para Concellos como A Coruña, Oleiros e Arteixo, desenvolvendo unha ampla experiencia na docencia con grupos de persoas, diferentes idades e colectivos, sobre todo mulleres. 

Este último verán fun becada no Simposio Studium Generale organizado polo MNCA Reina Sofía e a UOC,  e que se desenvolveu no MNCARS o 25 e 26 de xuño de 2026 no que se discutiron temas como a expansión do coñecemento máis alá dos espazos de educación formal e o impacto da IA no que está por vir. 


 




Ningún comentario:

Publicar un comentario