luns, 18 de decembro de 2023

Decembro información e bos desexos :)

 

O día 23 de decembro temos unha actividade moi fermosa e gratuíta para un grupo de mulleres, queda algunha praza e podes inscribirte no email que aparece no cartel. Non tardes en escribir! 

Faremos máis recollidas de memorias ao longo do próximo ano, escríbenos se queres que te avisemos para as próximas.




Atención!  para xs máis peques ofrecémosche un Obradoiro no que explorarán a súa creatividade combinando natureza e Nadal. Como sempre guiados con ilusión e moito cariño por Julia. AtelierconJulia 




E lembrade que as clases regulares estarán pechadas dende o 24 de decembro ata o día 2 de xaneiro. 

Desexarvos unhas boas festas cheas de amor, saúde e creatividade e un feliz inicio de 2024, un ano que desexamos sea xeneroso, luminoso e amoroso con todxs nós.

Agradecervos como sempre a confianza que depositades en nós e o mecenazgo que facedes as artistas que formamos parte do taller.

 Julia, Gisela e eu dámosvos unha aperta grande. 


Ningún comentario:

Publicar un comentario