luns, 28 de novembro de 2022

TALLERES de arte para todxs este Nadal

 


Pronto se achegan as datas de festas de Nadal , despedida do ano 2022 e dar a benvida a un novo ano que seguro ten moito bo que ofrecernos. É por iso que neste correo te comparto varios talleres pensados para o mes de Decembro e Xaneiro, para acabar e empezar o ano de maneira creativa, pensando e emocionándonos coa nosa imaxinación e coas habilidades que, as veces, deixamos un pouco esquecidas pero que están aí esperando saír. E sabes que se queres regalar un taller te deseño un vale ben bonito para ese día que regalas e que logo ten un amplo período de uso.


Son talleres para todas as idades. Empezando polos máis cativos da familia, a partir de seis anos.

Julia Aguiar e eu sumamos forzas para compartir unha semana de decembro co Taller de Arte para pequeartistas máis creativos e expresivos: a semana do 26 ao 30 de Decembro de 10:00 a 14:00 horas (flexible) . Toda a información máis abaixo e calquera dúbida por aquí estou para tratar de resolvela.


Para persoas adultas (e a partir de 12 anos) ofrézovos varias propostas, todas elas para desenvolver a vosa creatividade, explorar e pasar un tempo de benestar e lecer en boa compañía. Vos explico cada unha con máis detalle ao final do email. Todas as actividades teñen un limite de prazas e tamén un mínimo de participantes necesarios para poder realizarse. E calquera cousa me escribes ou chamas ao telf. 617 293 024 o mesmo para facer a reserva de praza.


-----Taller de Diario Visual ou Art Journal – tres sesións de dúas horas e o resto se traballa individualmente ao longo do mes. Martes 13, 27 Decembro e 3 de Xaneiro no tallerdepolo ou outro lugar da cidade previamente consensuado.

-----Talleres de Colaxe, son talleres soltos os días 7 de Decembro, 21 decembro ( o lugar aínda está por determinar) e 4 de Xaneiro no tallerdepolo.

------Taller de iniciación á Acuarela –son talleres soltos, de tres horas nun día . O Sábado 17 de Decembro e 7 de Xaneiro no tallerdepolo.




TALLER DE ARTE PARA PEQUEARTISTAS

Ofrecémosvos un obradoiro que empeza o día 26 ata o día 30 con horario de dez( ou un pouco antes se o precisas) ata as 14:00 horas, con flexibilidade se precisas que te esperemos.
Está pensado para nenxs a partir de seis anos e ata doce, ou que teñan certa autonomía e poidan estar a mañá con nós sen estrañar á familia.

Vai a ser un taller moi completo combinando a expresión artística con distintos materiais e propostas a partir da obra de Frida Kahlo, Dubuffet e Y. Kusama. Realizaremos escultura, fotografía, pintura e ata unha instalación mesturando o traballo individual e colaborativo entre as participantes. Estruturaremos as actividades cada día de maneira similar para xerar un ritmo de seguridade e solidez. Con unha parte teórica sinxela e aberta ao diálogo no grupo e unha parte práctica na que deixar espazo á expresión e creación máis libre. Reservamos un dos días para facer unha visita en grupo ao Museo de Belas Artes e empaparnos de arte toda a mañá. Faremos o desprazamento no transporte publico como parte da experiencia, observando a contorna con ollos de artista.

Previo ao comezo do obradoiro buscaremos un día para reunirnos con vós, coas familias , para que nos coñezades a Julia e a Polo, e falar polo miúdo.

O prezo do taller é de 80 euros cada nen@ pola actividade completa (no caso de sobrar prazas admitiremos nenxs en días soltos). Este prezo inclúe os materiais pero non inclúe unha merendiña para media mañá, que debe traer cada participante. Tampouco inclúe os desprazamentos ao museo que realizaremos no transporte urbano para o que sería conveniente traer cada unha a súa tarxetiña de bus.
Para irmáns te facemos un desconto e quedaría en 75 euros para cada peque. Tamén teñen desconto o alumnado do tallerdepolo e do Atelier con Julia.

Para formalizar a reserva escribe por email polotallerdepolo@gmail.com ou aos telf. 617 293 024 e 634 583 689 e te daremos un numero de conta no que realizar o ingreso de 20 euros (que serán un adianto do importe do taller).
Temos un máximo de 12 prazas para desenvolver esta actividade e un mínimo desexable que, de non cubrirse, implicaría a non realización do taller e a devolución da túa matricula.”


TALLER DIARIO VISUAL DE NADAL

Unha reflexión visual e persoal para este tempo de Nadal. Unha época que ao tempo que nos gusta desfrutar tamén nos provoca emocións encontradas; unha tensión que podemos levar ao noso diario de imaxes e incluso ir compartindo a experiencia en grupo.

Este caderno resultante pode ser un especial agasallo para alguén querido, para compartirlle ese tempo tan especial, os encontros, afectos e costumes compartidos.

Ou pode ser un agasallo para ti, tanto o proceso e a reflexión como o resultado, un obxecto cheo de vida e lembranzas.”

Taller estruturado en tres sesións:

-Martes 13 (mañá ou tarde, depende do grupo que se forme). O DIARIO: o camiño que imos emprender. O noso diario formato, tipo de papel, selección de recursos e palabras clave para preparar a entrada no Nadal. Encontro en grupo e primeiras páxinas.


-Martes 27 (pola tarde). EN ELLO: estamos de cheo no movemento das festas, compartir avances e pasos, a estética do caderno, recursos empleados e novas propostas. Animo que seguimos!


-Martes 3 (mañá ou tarde, depende do grupo que se forme). DETALLES FINAIS: xa queda pouco, revisión e busca de unidade. Compartir as sensacións desta práctica en grupo.


O prezo do total desta actividade é de 40 euros participante, non inclúe o caderno nin o material que cada unha vai traballar en casa. No taller compartiremos recursos técnicos, ideas para enfocar a actividade, consellos estéticos e formais. A xeración de un grupo dinámico que compartirá esta vivencia en continua comunicación axudará a dar consistencia e continuidade ao caderno.

Podedes contar co meu asesoramento á hora de mercar o diario ou materiais; que correrán a cargo de cada participante. Necesitaremos cada participante un caderno de unhas trinta páxinas que iremos enchendo día a día. En compañía. E necesitaremos materiais sinxelos como rotuladores ou lapis de cores, e outros que ti queiras engadir.


TALLERES DE COLAXE

O día 7 de Decembro, 21 de decembro e 4 de Xaneiro teremos no tallerdepolo obradoiro de colaxe, son talleres soltos-individuais, nos que imos desenvolver a nosa creatividade a base de cortar e pegar. Imos coñecer artistas que empregan o colaxe como medio de expresión e ver as moitísimas posibilidades que nos ofrece esta técnica que pode chegar a ser sorprendente e moi sofisticada. Faremos algún xogo en grupo e realizaremos exercicios que nos introduzan na dinámica do colaxe para expresar as nosas ideas. Os materiais están incluídos no taller pero se tes tesoiras favoritas podes traelas. Ao final da xornada levarás a casa varios traballos que te sorprenderán. O prezo de cada obradoiro é de 25 euros, empezando ás cinco e ata as oito, tomando a tarde con calma , abstraéndonos e pasando un tempo de calidade xuntas-os .


O 21 de Decembro faremos o obradoiro de colaxe en San Andrés, colaborando co Feirón se Patrón, a un prezo especial nun ambiente festivo e rodeadxs de moita arte . Escríbeme para reservar lugar.




TALLER DE INICIACIÓN Á ACUARELA

Sábado 17 de Decembro e sábado 7 de Xaneiro , son obradoiros soltos. Pode ser de mañá ou tarde, depende do grupo que se forme.


Un taller de iniciación á técnica no que nos achegaremos a materiais ( pigmentos, papeis, pinceis e forma axeitada de uso) veremos principalmente o uso da técnica húmido sobre húmido, reservas e texturas que se poden conseguir. Perderemos o medo a traballar coa auga e veremos como aporta espontaneidade aos nosos traballos. Faremos acuarelas sinxelas para que leves para casa .

O prezo de cada obradoiro é de 50 euros; son tres horas de taller para que te inicies e sigas traballando en casa pola túa conta, os materiais están incluídos .



Ningún comentario:

Publicar un comentario