Novos obradoiros para Nocturnia, programa de ocio saúdable que oferta o Concello de A Coruña . Os talleres e actividades son de balde para mocidade de idades comprendidas entre 12 e 30 anos.
Taller de arte postal Mail art Free as a bird
Día 4 de Xuño , de 19:30 a 21:30 horas no Ágora
Lembra que se abre a inscrición o luns previo, atentx á páxina do Concello
https://www.coruna.gal/juventud/es/nocturnia
       “Facendo mail art” 
       Crearemos arte para enviar por correo postal, participando nunha convocatoria en marcha; “Free as a bird” e como os paxaros voará a nosa liberdade para crear.  Activaremos a nosa imaxinación de maneira divertida, creando arte postal e viaxeiro; sumándonos a unha rede mundial de artistas. 
O día 18 de Xuño Taller Súper Poderes de Cómic 
de 19:00 a 21:00 horas no Ágora
  “Super  poderes de cómic” 
Cada participante buscará ese heroe ou heroína que leva dentro para trasladalo ao papel en forma de  superhéroe de cómic. Alter ego= Persoa en quen outra confía plenamente, polo que pode representala sen restricións. Debuxar e crear unha personaxe chea de maxia. 
Lembra que se abre a inscrición o luns previo, atentx á páxina do Concello
https://www.coruna.gal/juventud/es/nocturnia
Espero verte nesta edición de Nocturnia!!! 

Ningún comentario:
Publicar un comentario