Dende Outubro ata Xuño temos
un horario semanal constante ao que podes anotarte, ademais das
actividades puntuais que iremos realizando (algunhas só para o
alumnado do tallerdepolo, e outras abertas ao público xeral)
-Técnica
de óleo e acrílico (curso aberto de Outubro a
Xuño, iniciación e/ou perfeccionamento).
-Achegamento
á pintura ao óleo: Trimestre “Pinta o teu primeiro óleo”
de Xaneiro a Marzo
-Talleres
de acuarela, iniciación e/ou perfeccionamento;
xogar coa auga, aguadas, reservas, texturas, veladuras, ....,
aproveitar o erro e os imprevistos como parte do camiño.
-Talleres
de debuxo, iniciación e desbloqueo e /ou
perfeccionamento. Debuxo de anatomía, perspectiva, preparación
acceso a escolas de artes ... facemos un programa adaptado as túas
necesidades, tendo en conta os teus obxectivos e o teu ritmo.
-Talleres de arte para xs mais peques, os venres pola tarde.
-Explora
a tua creatividade , obradoiro
para tódalas idades os sábados pola mañá
-Verán
é arte, taller para xs máis peques no mes de Xullo, onde nos
achegamos a distintos movementos artísticos/artistas de maneira
divertida, traballando de maneira individual e grupal.
Solicita
información e fai a tua reserva de praza, esperámoste!!
polotallerdepolo@gmail.com
617 293 024
Ningún comentario:
Publicar un comentario