Este Xullo 2017 repetiremos nova sesión de Verán e Arte, obradoiro infantil no estilo do tallerdepolo: achegándonos á Artes Plásticas e á Historia da Arte dende a creación dun espazo de crecemento persoal para tódolxs participantes. Compartindo dende e co barrio a experiencia, tratando de ser-facernos conscientes das nosas aprendizaxes e das vivencias compartidas.
En Xullo ofreceremos obradoiros moi diferentes e seguro algún che pode interesar; tanto o obradoiro infantil, a exploración interxeracional, ou obradoiros en colaboración coa asociación veciñal dende o obxectivo de achegar ao barrio experiencias novas:
Taller Infantil Verán e Arte e un achegamento as Artes Plásticas a través de diferentes artistas da Historia da Arte clásica e contemporánea. Inspirándonos nas súas obras iniciaremos os nosos propios procesos creativos, de maneira individual e/ou como grupo, sempre dende a creación dun espazo de respecto que nos permita sacar o mellor de nós mesmas. Pensado para persoas a partir de seis anos.
Será os xoves pola mañá de 11,00 a 13,30 horas cun custo de 50€/participante (materiais incluídos no prezo) e desconto a familiares, tamén hai unha bolsa tallerdepolo (sempre que nos xuntemos un mínimo de participantes). Infórmate!
Xoves
Creativos, propoñemos unha mestura interxeracional na que xs
participantes se dispoñan a reflexionar e xogar xuntas. Abordaremos
distintos movementos e obras da Historia da Arte como inicio das
nosas investigacións e creacións. Será nas tardes do xoves de
18,00 a 20,00 horas (aproximadamente, podemos flexibilizar) cun custe
de 45€/participante (materiais incluídos no prezo) e desconto a
familiares, tamén hai unha bolsa tallerdepolo (sempre que nos
xuntemos un mínimo de participantes). Infórmate!
Técnicas
de óleo e acrílico, coñecer as
posibilidades que nos proporcionan estas técnicas elaborando o teu
primeiro cadro. Ou seguir avanzando e perfeccionando os traballos
pendentes do curso. Haberá clases no horario de mañá 10;30 a
12;30 e de tarde 17;00 a 20;00 horas, ti anótate no horario que máis
che conveña!!
Información
de obradoiros en tallerdepolo@hotmail.com
ou no
telf. 617 293 024
As
tardes dos martes en colaboración coa Asociación Veciñal Oza,
Gaiteira Os Castros, de 18,30-20,00 horas(aproximado) temos previstos
tres obradoiros, que se realizarán no local da Asociación, rúa
Merced, 56- baixo:
Martes
4 de Xullo
-“Taller
de Arte en familias co tallerdepolo”
unha experiencia dunha hora de duración para compartir todas as
idades; conxuntamente as personiñas máis novas (con acompañante)
e adultos traballaremos conxuntamente, dende e cos sentidos,
sentimentos e cores... .
Máximo dez
participantes, prezo
5€ /participante (menores de 4 anos conta como unidade coa persoa
acompañante, mínimo
seis participantes).
Martes
11 de Xullo
-”Todxs
a debuxar!!!”
Moitas
persoas
van deixando atrás o debuxo como si non lles pertencera esa
posibilidade de expresión, bloqueando así unha parte importante das
súas capacidades creativas e expresivas. A idea de este taller xurde
de recuperar, para as persoas que temen achegarse ao debuxo, pintura
... e Artes
Plásticas
en xeral, o desfrute de esta linguaxe que é unha dimensión máis do
ser humano.
A
través de diversos exercicios traballaremos en grupo(e
individualmente) xogando e recuperando ese camiño expresivo que está
en tod@s nós e que non debemos perder.
Cunha
hora e media aproximada de duración desfrutaremos dun
taller onde o traballo plástico e
artístico irá intercalado de varias dinámicas de grupo
que potencien a intrepidez e espontaneidade. Recomendado
a partir de oito anos, dispoñemos
de dez prazas cun custe de 5€/participante(mínimo
seis participantes), materiais
incluídos.
Martes
18 de Xullo
-”O noso autorretrato”
Quen
es ti? E por que te defines como te defines?
Cales
son esas dimensións clave que crean a nosa identidade? A través de
este taller de artes plásticas exploraremos o noso interior; unha
mirada ao que nos constrúe e nos define. A través da obra de
distintos artistas iremos expresando dimensións da existencia, para
despois verter as nosas sensacións e conexións nunha obra que nos
defina, que nos retrate.
Unha
hora e media(aproximadamente) de taller para a introspección e o
xogo plástico, para achegarse á Historia da Arte e a complexidade
das emocións que nos habitan.
Dispoñibles
un máximo de dez prazas (mínimo seis participantes),
5€/participante (materiais incluídos), a partir de dez anos ata
infinito.
Infórmate e inscríbete a través do tallerdepolo ou da Asociación Veciñal Oza,
Gaiteira Os Castros.
Ningún comentario:
Publicar un comentario