luns, 25 de xaneiro de 2016

visita á cooperativa Zocamiñoca; un museo da comida :)


O tallerdepolo visita Zocamiñoca co alumnado máis novo, unha visita para coñecer esta cooperativa e facer unha reportaxe onde achegarnos a un espazo novo (para algunhas alumnas xa coñecido) dende unha mirada de artista.

 http://www.zocaminhoca.org/

Dúas raparigas (Candela e Diana) fan de guía polo espazo e cóntannos como funciona a cooperativa; como se distribúen espazo e tarefas... xurdirán preguntas como: "Cantos anos ten Zocamiñoca? Por que o almacén é tan baixiño? Por que os alimentos sen glute cheiran mal? Cantas cousas-productos hai en Zocamiñoca? ..." algunhas destas quedaron sen resposta; se queres axúdanos a solventalas!







Fixemos unha reportaxe gráfica entre todxs; esta é unha selección das fotos e debuxos feitas:








Ademais compártovos estes comentarios que deixaron por escrito tan artísticxs visitantes; 


 
-“Zocamiñoca es un museo de comida”

-“Lo que más me gusta de las cooperativas es que cada vez que las ves te parece que representan algo diferente”

-“Gústame moito Zoca porque é todo ecolóxico e porque non teñen ningún produto químico”

-“O que máis me gusta de Zoca e que hai xoguetes e sofás para estar cómodos. Millo!”

-“Es un lugar muy peculiar y lleno de cosas diferentes y ecológicas”

-“Gústame o consumo responsable, que sexa todo de Galicia e que a xente coopere”

-“Zocamiñoca es superchuli y me encanta que cuideis el medioambiente”

-“Lo que más mola de Zoca es que ningún produto lleva substancias químicas”
 



Espero vos gustara ver e ler Zocamiñoca dende a mirada dunhas e duns pequenos artistas que medran, senten e aprenden no presente para facer futuro-s novos e diferentes.
 





Ningún comentario:

Publicar un comentario