sábado, 23 de maio de 2015

debuxando paxaros

no barrio dos Castros hai unha paxareira; unha gaiola xigante onde viven pechados unha boa cantidade de paxariños de vivas cores... aparte do triste que resulta ver animais atrapados nesa "caixa" é fermoso tamén miralos e tentar atrapalos co lápis... fixarse nos seus movementos, nas cores, sentir o sol e o vento no corpo.... estar ao aire libre!



































co bo tempo e tendo a posibilidade a opción do aire libre é marabillosa... tamén costa polos riscos de sair, que o grupo esté seguro no entorno; as cidades non son lugares feitos para as persoas... non para que transiten por elas tranquilas e seguras... un día chegará en que habitemos cidades pensadas para sentir e vivir todas con tranquilidade incluídos os paxaros ;)

repetiremos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario