domingo, 8 de xuño de 2014

feira economia social 2014


O sábado 31 de maio de 2014 convocouse un ano máis unha nova feira de economia social onde poder participar aqueles proxectos afines a unha mirada diferente a economía; onde os proxectos de vida e de profesión miren máis cara a mellora social-persoal fronte o agresivo mercado laboral como se entende hoxe en dia... máis abaixo detallo un listado de principios que nos poderían guiar neste camiño ...
para esta iniciativa o tallerdepolo quixo aportar a posibilidade que ofrece a expresión plástica, como maneira de comunicar e impactar nxs máis pequenxs (e acompañantes) de abrir unha porta de comunicación cas iniciativas expostas na feira. Preparei un número limitado de camisetas de cartón(entre quince e vinte) para deseñar e colorear polos diferentes nenxs que se acheguen, para acadar esa camiseta haberá que buscar pola feira a correspondente etiqueta; teremos que investigar en base a unhas pistas dadas, sobre algún dos proxectos de economía social que participen. Tamén preparei un sinxelo photocall de cartón que servira para xogo, recordatorio do dia pasado ... ..
o obxectivo era implicar no xogo non só xs pequenxs senón tamén buscar a complicidade das persoas(proxectos) participantes na feira, dos adultos acompañantes e crear distintas interaccións que nos puideran enriquecer dalgún xeito...
outra intención era unha vez rematadas as camisetas e a pintura deixar un espazo máis tranquilo só con ceras e papeis para que seguira dispoñible libremente pero a verdade foi, que non calibrei ben o material e axiña quedei sen superficies pintables ou coloreables, unha mágoa.



 preparación previa no tallerdepolo


xa na praza de pontevedra en acción!





o noso veciño un fabricante de fantásticos xoguetes de madeira 


algúns exemplos das camisetas no fotocall!






 o máis importante para o final!!  agradecer o fermoso día compartido con tanta xente amiga, compañeirxs de feira, visitantes e axudantes tan especiais como; clara, belén, concha e olga que estiveron en primeira liña ca rapazada!!!
foi un día moi fermoso e de enerxías amables, tranquilas  e loitadoras que tanta falta fan!!

 PRINCIPIOS DE ECONOMÍA SOCIALQue é o mercado social?
Por feira ou mercado social entendemos unha rede de produción de bens e servizos, distribución,
financiación, consumo e aprendizaxe común, que funciona con criterios éticos, democráticos,
ecolóxicos e solidarios nun territorio determinado.
Esta rede pretende superar as regras negativas do mercado convencional, construíndo un
mercado que opere baixo criterios e relacións económicas xustas.
Quen o integraría? Estaría integrada principalmente por persoas, empresas e entidades de
economía social e solidaria produtoras de bens e servizos, distribuidoras, financiadoras e
comercializadoras así como consumidores e consumidoras responsábeis, que cumpran os
principios do mercado social.
Que principios deberían rexer o seu funcionamento?
a. A transformación social, é dicir, que coa súa actividade as participantes axuden a construír
unha sociedade xusta, libre, democrática e igualitaria.
b. Defenden a rendibilidade integral: económica, medio-ambiental, humana, cultural e social, por
tanto estas entidades non teñen como fin a maximización do beneficio económico.
c. Trátase de entidades arraigadas no territorio onde desempeñan o seu traballo,participando
activamente na comunidade local na que están inseridas.
d. Trátase de entidades que traballan en rede, estabelecendo relacións de complementariedade,
reciprocidade, confianza e participación.
e. Son entidades comprometidas coa sustentabilidade medio-ambiental, que fan un uso
equilibrado e respectuoso dos recursos precisos en todas as fases da súa actividade.
f. Son entidades comprometidas e corresponsábeis co bo vivir* das persoas que traballan e
colaboran nelas, sexan socias ou non. No caso de entidades con traballos remunerados, estas
estabelecen condicións laborais dignas para as persoas traballadoras.
g. Son entidades que fomentan as políticas baseadas na igualdade de xénero.
h. Son entidades que fomentan as políticas de integración e respecto e apoio á diversidade.
i. Son entidades que se recoñecen sensibilizadas co benestar animal
j. Son entidades que fomentan a cultura e o idioma galego.
k. Son entidades nas que todas as persoas traballadoras teñen iguais dereitos e deberes, teñen a
oportunidade de participar en igualdade de condicións na toma de decisións e no deseño das liñas
estratéxicas da entidade. Son entidades que apostan pola xestión democrática, horizontal e
participativa.
l. Son entidades que apostan pola xestión democrática, horizontal e participativa, establecendo
canles de participación efectiva.
m. Son entidades cuxa xestión é transparente, dispostas a avaliar periodicamente e coa
participación das persoas consumidoras e/ou outros proxectos sociais o seu compromiso público
con os principios sociais polos que se rexe. Entidades que fan pública a auditoría social e os
balances integrais.
n. Son entidades transparentes, dispostas a informar e avaliar periodicamente a nivel interno e
externo o seu compromiso cos principios polos que se rexe a súa pertenza ao mercado social.
o. Son entidades que optan por unha política comercial colaborativa, non agresiva e que non
participan en competencia desleal.
p. Son entidades que manifestan o seu compromiso na construción, mantemento e ampliación
da feira social/mercado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario