-->
O
pasado 11 de maio celebrouse o dia internacional do comercio xusto.
Na coruña celebrámolo cunha feira de economía social onde nos
xuntamos un montón de xente amiga ca que coincidimos en considerar
que a economía ten que estar ó servizo das persoas e non ó revés.
A dignidade das persoas tanto traballadoras como consumidoras debe
prevalecer sobre criterios puramente económicos, que nos conducen
moitas veces a situacións surrealistas-incomprensibles e
inadmisibles para moitas de nos.
Dende
o tallerdepolo ofrecemos un taller libre chamado: “bufete libre de
verduras” para que as nenas e nenos que se achegasen elixisen a súa
hortaliza e a pintaran ó seu gusto... nunhas poucas horas pola mañá
rematáronse tódalas verduras!!! Pasamos un dia verdadeiramente
cheo de amizade, sorrisos, cores... con visitas entrañables e
estupendas axudantes as que agradezo moitísimo tanto bo facer!!!!
graciñas Noa , graciñas Concha!!! graciñas visitantes múltiples e
sempre benvid@s!!!
tamén colaboramos na decoración da feira!!! |
Ningún comentario:
Publicar un comentario