Xa chega a primaveira, ven a modiño
pero vai chegando despois deste duro inverno, e con ela van saíndo
novas obras e traballos no taller; tanto de alumnas veteranas coma de
novas fichaxes. Todos traballos fermosos e válidos porque todos son
o camiño que nos conduce ó seguinte traballo e logo a outro e outro
máis ... aprendendo de cada un e variando a nosa maneira de percibir
o mundo que nos rodea; as cores, os contrastes, a
disposición-relación entre formas, liñas...
En fin, que chega a primaveira a
modiño... e é un pracer que non nos podemos perder!
Ningún comentario:
Publicar un comentario