Próximo nocturnia o día 5/12/2025, anota a data ;)
Será no CC: Agora as 21:15 horas, taller gratuito dentro do programa do Concello de ocio saudable para a mocidade, de 12 a 30 anos.
Coñecer a obra de artistas que se expresan mediante o colaxe será o punto de partida para que cada participante realice o seu traballo individual.
Realizaremos un xogo en grupo relacionando imaxes para sorprendernos ao atopar inesperados resultados.
Cada participante traballará os seus deseños de colaxe manual, buscando e relacionando imaxes entre si (ou vinculando con palabras).
Coñeceremos diferentes materiais de corte e recursos gráficos para afrontar o colaxe así como experimentar, ao finalizar cada
participante levará a súas creacións.
Taller de colaxe manual centrado en ampliar os recursos visuais e na iniciación ou mellora da técnica do colaxe ( composición, limpeza, armonía cor, etc).

Ningún comentario:
Publicar un comentario