sábado, 16 de outubro de 2021

TRANSITANDO ARTE

Da man da Asociación veciñal "os nosos lares" xurde este proxecto de compartir arte no barrio coruñés de Palavea . Unha fermosa oportunidade de xerar novas sinerxías creativas; conversar,  reflexionar xunt@s de maneira distendida e lúdica. 


 

 

--O primeiro encontro coa veciñanza será o día 23 de Outubro con Benito Freire -escultor- e a fotógrafa Verónica Ramilo , será as cinco da tarde no local da asociación Os nosos lares. Mercado Municipal s/n  , inclúe un obradoiro didáctico a cargo de tallerdepolo . 

Nos encontros unha/un artista plástico local comparte unha das súas obras coas veciñxs que queiran achegarse e participar (previa reserva de praza no email osnososlarespalavea@gmail.com ) esa peza "se moverá" polo barrio xerando preguntas e cambios na maneira de vela e de ver a propia contorna, a/o artista fotográfx convidada realizará ese día unha peza fotográfica que reflexe ese transitar, as pezas serán expostas a final de ano no propio barrio, xunto coa obra de outros artistas convidados a realizar obradoiros como elchano, Sucede Arte Visual ou Julia Aguiar.


--Segundo encontro coa veciñanza : Polo e Roi Alonso, o sabado 6 de Novembro

--Terceiro encontro ALIVAVÁ e Carlota Ramudo, 13 de Novembro

 



 Proxecto artístico cultural de difusión, creación, reflexión, sensibilización e posta en relación entre artistas locais e a veciñanza no barrio de Palavea. A través da cesión temporal e presentación, por parte de tres artistas locais de obras seleccionadas ad hoc que serán compartidas  con un grupo de veciñas e veciños do barrio e da cidade, en tres xornadas de diálogo e reflexión sobre a relación da arte e a cultura co espazo e ca sociedade.

Convidando a seis artistas locais (artistas plásticos) a establecer un diálogo entre as súas obras e o espazo que conforma o barrio nun proceso creativo compartido con aquelas veciñas e veciños que se unan a esta reflexión sobre o arte, a creación e o seu contexto. Un proceso colaborativo reflexivo conxunto que sitúa a obra de arte estática e clásica nun novo estado de re-ubicación e re-interpretación ao igual que nos sitúa a nós -normalmente público observador- nun novo status e aos artistas participantes nun contexto de diálogo e maior plasticidade. Tamén o espazo público e o espazo barrio se verá modificado por esta interacción.
Este desexo de compartir recíproco dará lugar a un “museo” flexible, efémero e cheo de reflexións poliédricas, onde a peza en tránsito adquirirá novos significados para producir tres novas obras  fotográficas creadas a partir da obra plástica de orixe e o proceso compartido.
Unha exposición temporal nun espazo habilitado do barrio recollerá os traballos participantes acompañadas das novas obras xeradas, así como documentación sobre o proceso de produción conxunto, e poñerá final a esta experiencia interdisciplinar. 

 

1 comentario:

  1. NJ casinos don't pay taxes: $62 million dollars' worth of
    An investigation 광양 출장마사지 has found 이천 출장안마 that 바카라 웹 사이트 $62 경상남도 출장마사지 million in casino-related losses has been wagered by 남원 출장마사지 from the state's gaming commission.

    ResponderEliminar