O
verán é
moi longo e as persoas precisamos alimento todo o ano; xa sexa ler,
ou ocio interesante, conversas ou relacións que nos aporten, algo
que nos encha a cabeza e o espírito.Así
nace esta proposta para a mocidade, un ocio que os alimente para
seguir medrando con sentidiño
neste
mes de agosto.
Obradoiro
especialmente dirixido a persoas de idades comprendidas entre dez e
dezanove anos, pensado como actividade creativa e formativa para o
tempo de verán. Actividade
facilitada
por unha artista e unha terapeuta ocupacional que,
en equipo, darán
estimulo ás
participantes para, a través da creatividade poñerse en relación
con outros habitantes do barrio dende
un rol distinto.
En
que podemos colaborar coa comunidade? Os Castros
é
un
barrio cheo de posibilidades: deseñar
un
cartel para unha asociación,
unha carta para o
menú
de
unha cafetería,
sinalización
das rúas...
as
participantes traballarán
individual e colectivamente para propoñer solucións dende a
creatividade e a través
das artes plásticas
, gráficas
e narrativas.
Deseñado
e facilitado por Ocupacións
significativas
e tallerdepolo
https://www.facebook.com/ocupacions.significativas/
Será
en
Agosto
os días 6-7-13-14-20-21
(acadando
un grupo mínimo de 5 participantes)
en
horario de
11;30 a 13;30 horas, flexible
50
euros/ Materiais
incluídos (desconto
a
irmáns e a
alumnado tallerdepolo)
Inscricións no correo polotallerdepolo@gmail.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario