Chegou o verán e
co verán chega veranearte!!
celebrar a luz,
as cores e tanto por aprender e vivir! Empezamos coñecendo a figura
de Frida Kahlo e vislumbrando un pouco de Y. Morimura, porque
o tempo non nos da para todo ;) a intención está
chea de contidos (divertidos dende logo) pero o ritmo de xullo
é propio de
vacacións ... :)
Viva la vida,
ese bodegón da pintora mexicana vainos levar ao territorio do pracer
e a celebración; as cores, o gusto, os sentidos, ... farannos
pintar o mellor da vida!
Sigue atentx as
nosas aventuras en veranerte, das que podes formar parte(yes) xa que imos
recoller “agradecementos” para o noso traballo en relación coa
obra de Chiharu Shiota. Podes
enviar o teu agradecemento ao correo polotallerdepolo@gmail.com
ou ao wasap 617293024 ou a través das redes sociais... agradecidxs
estaremos. O texto que nos podes enviar será un exercicio de gratitude do “eu” que
escribe a un suposto “outro” , sen necesidade de identificalo,
incluso pode ser unha alteridade imaxinaria,
só
pedimos que o texto teña
relación co sentimento de gratitude.
Ningún comentario:
Publicar un comentario