Damos
por rematado este fermoso curso cunha festa para o grupo de peques,
amigxs e familias... un curso cheo de aprendizaxes e aventuras
varias.
“ Había
una vez dos peces jóvenes que iban nadando y se encontraron por
casualidad con un pez más
viejo que nadaba en dirección contraria; el pez mas viejo los saludo
con la cabeza y les dijo: “ Buenos días, chicos. Como esta el
agua?” Los dos peces jóvenes siguieron nadando un trecho; por fin
uno de ellos miro al otro y le dijo: “Que demonios es el agua?”
David
Foster Wallace
A
partir da cita de David
Foster Wallace
fomos dando forma a este curso; empregando esta busca de coñecemento
como motor e escusa para crear os nosos traballos (pinturas, debuxos,
modelados, colaxes,
deseños, carteis, textos, fotos, cerámicas, ... buscando a
consciencia de eses peixiños
, explorando o barrio, os oficios, a nosa auga... e explorando tamén
o noso ser, o ser humano e algunhas das súas dimensións. Explorando
o planeta coa convocatoria de arte postal Neighborhood/barrio(da man do mailartista Carlos Botana) coa que
imos achegándonos a distintos puntos do globo,
a distintos artistas e barrios; cando chegan as cartas de arte postal
as abrimos e as desfrutamos, investigamos de onde veñen e situamos
no mapamundi unha lapela co autor e o barrio/lugar de
procedencia. E
moitas outras aventuras e exercicios: facer o decorado para a
Culturgal,
a montaxe da sua exposición(dos seus traballos) para o Taller Aberto
no mes de Decembro, visitar lugares do barrio, coidar a
fincadonispero, achegarse á
cerámica
no taller Terralume
(gracias ao recadado co seu fanzine PequenoMundo),
debuxar con modelo do natural, coñecer a obra en proceso da artista
-danza Voo- Ánxela
Blanco,
aprender a encadernar co taller Tocamadera
artesanía,
escoitar
a historia do libro
As mans da terra
na voz da escritora Laura
Rey,
tomar fotos cunha caixa de cartón co fotografo Oscar
Gorritz,
... e seguro me queda no tinteiro algunha aventura...
exposición de algúns traballos do curso
foto de Carlota R.
Ningún comentario:
Publicar un comentario