De cando en vez saímos de excursión, unha escusa perfecta para coñecer mellor as/os nosas compañeiros de taller, coñecer outras persoas, visitar novos lugares ou lugares coñecidos dende outra mirada... achegarse á Arquitectura, Artesanía, Historia, e as Artes en xeral. Nesta ocasión visitamos Betanzos, vila próxima a Coruña, chea de Historia e tesouros por descubrir, como é o caso da Fundación CIEC Centro Internacional de la Estampa Contemporánea. Guiounos marabillosamente pola historia da vila, Mar, que nos acompañou boa parte da mañá, así como a pintora Maria Barbeito, que nos amosou o seu estudio de artes plásticas, e nos falou da súa técnica e da súa obra. Quedamos coa promesa de realizar un obradoiro no seu taller, onde aprender algunha nova técnica ou segredo sobre a pintura :)
Xantar xuntas e,
pola tarde, sesión didáctica na Fundación CIEC onde nos mostraron
a interesante labor do Centro, os cursos que desenvolven ao longo de
todo o ano, os importantes fondos que albergan ... e finalmente,
“xogamos” un pouco a estampar! Un remate chulísimo para o noso
dia: Betanzos volveremos!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario