martes, 29 de decembro de 2015

visita dxs artistas máis novxs ao "taller aberto"

Pois aproveitamos e conectamos os contextos: xa que temos o “taller aberto” cunha mostra de traballos de artistas e artesáns do barrio e da cidade,  imos mostrar eses traballos ao grupo de rapaces que están aprendendo artes en Crispe, noutro contexto do barrio...

Imos ver (e tocar e debuxar) obras de artistas que son achegados, que podemos chegar a coñecer nalgún momento: nun contexto diferente aos máis formais -como o museo ou a galería de arte- ou máis informais; como o propio taller no momento de traballo, ou cafeterías e espazos de hostalería...  trátase de achegarnos ás obras e a xs seus creadores dende o respecto,  o coñecemento e a proximidade. Podendo dialogar sobre as diferentes maneiras de traballo, materiais e ferramentas así como estilos ou filosofías de vida ... 





Tamén trouxemos as nosas obras para incorporalas entre os traballos d@s artistas da exposición e formar nós tamén parte desta. Iso si, ao marchar quixeron levalas de volta! Aprecian tanto o seu traballo que o queren mostrar  e ter na casa dispoñible ;)






Debuxamos, falamos, comemos, descansamos, ... da tempo a moito ... unha aventura moi fermosa ésta.











Obras dxs artistas Sara, Gabi, Xiana, Lucas, Tania, Jimena, Claudia, Antía, Candela...

Ningún comentario:

Publicar un comentario