este decembro ven cheo de oportunidades para expoñer arte ;) no propio tallerdepolo distintxs artistas e artesáns do barrio, da cidade, mostrarán algunhas das súas obras.
Xs artistas Benito Freire,Daniel Remeseiro, José Méndez, By Monty, Manchea, Gabi Carrera, Carlos Botana, Vicente Roura, Chelo Facal(aínda sen confirmar), Polo... e os artesáns Adan Crispe, Atelier Efímero e ReciclArte... espero non esquecer a ninguén...
estades invitadxs a pasarvos!!!
tamén en Monte Alto outro taller aberto;
outro espazo interesante para visitar e coñecer máis en profundidade a nosa cidade... a través do arte que se fai nela.
E nun espazo máis formal e xa pensado para a exposición de arte continua estes días a exposición 26-4-37 Franco destruye Guernica, dezaoito miradas sobre un triste-desafortunado momento do pasado, reflexado e saneado a través da escultura, pintura, instalación, performance....:
Non quero deixar de mencionar a unha artista en ciernes, que busca o seu lugar teimudamente e vive a experiencia da súa primeira exposición Pilar Cristobo, nun lugar tan fermoso como o Castelo de Maceda... se viaxades por esas terras ide a vela!!
http://benitofreire.com/CONTACTO
http://www.danielremeseiro.es/
https://manchea.wordpress.com/
http://www.arteinformado.com/guia/f/gabriel-carrera-gabi-27464
http://carlosbotana.blogspot.com.es/
http://vicenteroura.blogspot.com.es/
http://www.paxinasgalegas.es/sementa-423163em.html
https://www.facebook.com/pages/Crispe/564038093716753
https://www.facebook.com/atelierefimero
https://www.facebook.com/Pilar-Cristobo-1659385194304833/?ref=profile
Ningún comentario:
Publicar un comentario