mércores, 4 de novembro de 2015

rapaza mirando pola fiestra...

a partir deste cadro de Dalí, facémonos preguntas como que mirará esa moza, quen é, que estará pensando e como se sentirá... e que irá a facer en canto deixe de mirar pola fiestra? cal será a seguinte escea? 
Aproveitamos para mencionar a Dalí, o pintor, pero sobre todo falar de Gala como unha posible musa... será Gala a que mira pola fiestra? quen é esa rapaza? 

partimos de esta imaxe, conversamos sobre ela... e imos imaxinando esa seguinte escea, facemos un bosquexo que nos facilitará o traballo e nos aportará posibles ideas ou dúbidas...

este é o bosquexo de Tania, onde imaxina á rapaza pintando ao aire libre...



logo buscamos e recortamos imaxes que nos "atrapen" ou que se adapten aos nosos bosquexos ... 




este é o traballo final de Tania, onde a rapaza misteriosa(nosoutros pensamos que é Gala) pinta a paisaxe que a rodea...


Claudia modifica a paisaxe que se ve dende a fiestra e modifica tamén o interior

deixando unha misteriosa porta... e unha fermosa alfombra de flores


Jimena coloca á moza misteriosa nunha casa onde se ordenan os mobles desta curiosa maneira, fermosísimo, non si?


E Gabi decide xogar ca dualidade pasado-futuro e situa á mesma rapaza nun contexto do pasado e como a imaxina no futuro;  xenial!


Para remate pídolles que investiguen, xunto coa súa familia ou amigxs, máis sobre o cadro e quen é esa moza asomada á fiestra? será Gala? ou non?
xa me diredes...



Ningún comentario:

Publicar un comentario