Como
nos gustan os experimentooooooos
pois
iso; rematámolo curso facendo algunhas desas probas que non se sabe
moi ben como resultarán...
empezámolo,
se vos lembrades, pintando co aire! Que foi unha fermosa experiencia
para repetir con variacións; desta volta engadimos unha grande bolsa plástica,
... ou tamén sopramos con “popotes” movendo a pintura de maneira incontrolable
e sorprendente...
Ela, fixo probas con distintas teas para recrear meninas, como un xogo de bonecas ;)
Marisé, tiña o reto de crear a base de círculos... e quedou unha chulada de collage ;)
Para Jorge foi un reto transformar papeis lisiños nestes tan chulos que serán a base-fondo para fermosísimos debuxos... deixounos as instrucións ben clariñas, tomade nota e se tedes dúbidas preguntádeme :)
E poida que algún experimento máis fagamos en agosto;
os mércores á tarde!
Ningún comentario:
Publicar un comentario