domingo, 30 de xuño de 2013

pintando con Ángela

Ángela é unha fan das ilustracións de contos para nen@s e non tan nen@s e gústalle reproducilas para o seu disfrute, pero con óleo. Imos ver como vai construíndo nun par de lenzos unha imaxe da coñecida ilustradora Rebecca Dautremer .

O primeiro, xa que temos moi claro o noso obxectivo, é debuxar sobre o lenzo o motivo que queremos: se tivéramos dúbidas sobre o que imos facer o máis desexable seria bosquexar varias posibilidades xogando sen medos e arriscando nas propostas... xa que nunca se sabe as sorpresas que poden aparecer. Logo pasamos as liñas con pintura ó óleo diluído en aguarrás e podemos así sacudir o po do carbón para que non nos ensucie e estorbe.
Determinamos ben as cores que queremos poñer; aplicámolas primeiramente diluídas con aguarrás preparando así o lenzo (e a nos mesmas) para o traballo que temos por diante, despois pintaremos co óleo sen aguarrás afinando máis na cor que queremos, ou rectificándoa se é o caso. Unha vez seca esta primeira man de cor plano podemos sobre ela buscar a textura que mais se axeite ó noso motivo ou intereses... neste caso buscamos un aire similar ó do orixinal. Ángela probou cunha brocha de pelo duro e rasposo a aplicar pintura como raiada- desigual simulando trazos de pastel ou tiza, aplicou variacións de cores dende o morado, violeta, vermello, alaranxado... ata que quedou ó seu gusto.
Para os estampados non hai que ter medo e cun pincel fino debuxalos ó chou ou empregar trucos como equipos(plantillas) ou elementos que podamos estampar facilmente e deixen pegadas que conformen texturas interesantes.
E para o remate final deixamos os elementos máis delicados e finos; neste caso as mans, pendentes e orellas...







ó final deste curso ángela acabou sendo "licenciada en princesas"... :)













    máis princesas en óleo reproducidas por Ángela no seu blog
     http://galea-monde.blogspot.com.es/


    orixinais de Rebecca Dautremer
    http://www.rebeccadautremer.com/actus/amstramgram

Ningún comentario:

Publicar un comentario