No
mes de xuño miraremos de facer polo menos un par de posados máis
como despedida deste curso. Supón un esforzo atopar xente que pose
os mércores á mañá; pero temos a sorte de contar con vari@s
colaboradores marabillosos dispostos a investir parte do seu tempo na
nosa loita debuxística.
Tod@s
debuxamos dende cativos sen preguntarnos se o facemos ben ou mal;
simplemente debuxamos igual que falamos, xogamos, saltamos, rimos,
bailamos,... divertíndonos co feito en si e deixando as valoracións
a parte. É importante non perder esa capacidade de ensimesmamento,
de internarse no momento e abandonar o resto do mundo... ese resto do
mundo que seguirá aí cando rematemos o noso debuxo e ó que
volveremos máis tranquil@s e relaxadas despois desa paréntese
exclusivamente nosa; debuxar.
laura retrata a pablo |
bosquexos de laura, manolo,sergio e polo |
carlota pinta unha planta murcha |
a inés encántalle debuxar cabalos |
Ningún comentario:
Publicar un comentario