O Mosaico da Memoria é unha obra que se enmarca dentro da arte relacional e participativa. Para iso, Polo, a artista, convídanos a participar nun encontro no que crearemos pezas individuais que formarán parte dunha instalación: un mosaico. Os eixos desta son:
Que a arte teña un significado e un compoñente social, xerando relacións e prácticas valiosas das que emerxe a obra final.
Que todas poidamos participar na creación dunha imaxe significativa que aporte unha nova representación da muller e tamén dos coidados.
A arte pode xurdir de materiais sinxelos, reutilizados e ordinarios, nos que tamén se atopa beleza.
Dar visibilidade ás nosas mulleres referentes e, polo tanto, á historia dos coidados, abrindo un contexto creativo e afectuoso.
Que a nosa visión (esta representación) e a nosa historia se mostren ao público en contextos axeitados, polo que se promove a exposición pública do Mosaico da Memoria.
Como “funciona” o Mosaico da Memoria? Como se crean as peciñas que o forman?
Unha vez teñamos o listado de persoas anotadas para realizar a actividade, convidarémolas a indagar no seu arquivo fotográfico familiar na busca desas mulleres referentes na súa historia de vida (ou no eido social). Pódese promover unha busca máis concreta, como a das mulleres do rural ou as mulleres labregas, para dar visibilidade a un colectivo específico.
Cada participante traerá copias desas imaxes fotográficas, que servirán para presentalas ao grupo e tamén para realizar un pequeno diorama con elas. Tede en conta o tamaño da caixa que servirá de base. Podes traer elementos que te fagan pensar nesa muller referente: teas, unha cor que lle gustaba, ... déixate levar pola tua imaxinación e conecta coa túa historia.
Reutilizamos caixas de media ducia de ovos de Pazo de Vilane, que nos serven como estrutura base para elaborar individualmente o noso diorama, empregando o colaxe e elementos sinxelos presentes na vida cotiá. As medidas aproximadas son 17 x 11 x 6 cm.
O Mosaico da Memoria estivo exposto no ano 2025 no espazo artístico Local de María Xosé Díaz, en Teo, e no ano 2024 na Casa Museo María Pita da Coruña.

Mosaico da Memoria no Concello de Miño, inscríbete no telefono do cartel. Outra información relativa á realización do Mosaico podes contactar co tallerdepolo.
Con motivo do Día de Rosalía de Castro realizarei un taller de colaxe no que traballaremos ao redor da figura desta marabillosa poeta galega. Será da man do Concello de Miño, no Centro Social da Rúa, onde espero atoparnos o vindeiro luns 23 de febreiro.
O taller é de balde e só tes que facer a inscrición previamente para que eu teña todo preparado da maneira máis xeitosa e fagamos os mellores colaxes sobre esta figura tan respetada. No cartel tes a información para anotarte, veña que estás a tempo.
Vémonos en Miño!


.jpg)
ENVIADO.png)
ENVIADO.png)
ENVIADO.png)
ENVIADO.png)
Ningún comentario:
Publicar un comentario