domingo, 12 de decembro de 2021

Exposición Transitando arte en Palavea

Acabamos o ano da mellor maneira; expoñendo as obras creadas durante os encontros de artistas e veciñanza en Palavea. Obras desencadenantes dos encontros xunto coas que se foron creando nestes meses. Ademáis contaremos con fotografías e documentación das actividades feitas así como as pezas realizadas polas persoas participantes nos obradoiros creativos. 

A exposición , por suposto, será no barrio onde compartimos vivencias ao redor da escultura, pintura e fotografía as/os artistas locais  Benito Freire, Verónica Ramilo, Roi Alonso, polo, ALIVAVÁ, Carlota Mendez, Julia Aguiar, Sucede Arte Visual, Iria L, elchano. Na compañía da Asociación veciñal Os nosos lares de Palavea, que nos guiaron nun barrio cheo de sorpresas e no que nos sentimos sempre benvidxs. 

Podedes ver as nosas pezas no Mercado Municipal de Palavea, contactade antes da visita coa asociación a través do email osnososlarespalavea@gmail.com . Inauguramos o próximo 21 de Decembro pola tarde.






Transitando arte contou cunha axuda concedida no  procedemento de concorrencia competitiva “Axudas á creación artística para artistas individuais empadroados na Coruña, ano 2021” do Concello de A Coruña,

 




Ningún comentario:

Publicar un comentario