martes, 15 de decembro de 2020

MEDRANDO CON ARTE

Mostra de traballos 15 aniversario!

Temos o pracer de convidarte ao aniversario do taller! son 15 anos de tallerdepolo, incrible chegar ata aqui :)  e compartimos con vós traballos dalgunhas das persoas que pasaron polos obradoiros ao longo deste tempo, nunha exposición que empeza o próximo venres 18 de Decembro e que estará un mes na Sala de Exposicions do Centro Cultural de Arteixo. Faltan traballos de moitas de vós, oxalá máis adiante , que tal no 20 aniversario? facer unha expo na que incluir tantisimas e marabillosas persoas que tedes pasado polo taller ou por actividades realizadas no barrio, na cidade... ... son moitas experiencias e encontros nestes pasados quince anos.

Medrando con arte! Alí vos esperamos!, desexando atoparvos nun contexto tan bonito e cheo de boas enerxías , ofrecémosvos unha visita guíada polas obras expostas contando un pouquiño de nós. Podes contactarnos e reservar un día e hora para a visita ou pasar polo Centro cultural e logo nos contas a túa visión da expo.  #medrarconarte



En tempos de pandemia as artes aportan non só entretemento senón que promoven a forza interior para enfrontar o medo e a soidade, entender o momento que estás a vivir, así como descubrir horizontes cara ós que camiñar. É tamén unha maneira saudable de explorar emocións e vivencias dotando de maior complexidade a nosa percepción do mundo e de nós mesmas. Compartir afección ou paixón con outras persoas abre a oportunidade de novos encontros e vivencias compartidas, xorden momentos únicos de diversión e complicidade. Máis vivas que nunca! :)))))


Espero verte na expo!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario