domingo, 12 de xullo de 2020

taller de colaxe para nocturnia


Este verán dentro do programa especial de Nocturnia (programa gratuíto de ocio do  Concello da Coruna para mocidade de 12 a 30 anos ) realizaremos un divertido taller de colaxe e natureza.

Será no Centro Agora ,  o venres 31 de Xullo de 21 a 23,00 horas

ATENCIÓN! a inscrición realizarase na semana do 27 ao 30 de xullo , estade atent@s!!

https://www.coruna.gal/cmix/gl/necesidades-de-fogares/nocturnia-xullo-agosto-2020-programa-de-ocio-alternativo/suceso/1453736666716






Coñeceremos artistas que se expresen empregando elementos da natureza para crear os seus colaxes, serán o punto de partida para que cada participante realice o seu traballo individual. Cada persoa traballará no seu deseño de colaxe manual da natureza, buscando e relacionando imaxes botánicas, mesturando paxaros, bolboretas, plantas e outros elementos. Dispoñeremos de materiais diversos para mesturar técnicas e experimentar na busca de esa idea que queiramos exportar, facendo que as participantes realicen varios colaxes onde a prioridade sexa a natureza.

Ningún comentario:

Publicar un comentario