mércores, 11 de marzo de 2020

O noso LAB, Laboratorio.


O Lab que empezamos este curso é tamén, como o Curso Básico, un taller mensual pero con un compromiso de periodicidade ao longo do curso escolar xa que este grupo acompaña ás participantes cara a desenvolver a súa proposta artística. 
 
Facer camiño cara a recoñecernos como creadoras; experimentar, obter información da práctica artística e cultura visual contemporánea e desenvolver procesos creativos que nos abran o apetito a realizar a nosa obra plástica.”
 
Trátase de experimentar e desenvolver métodos e procesos creativos facilitando os descubrimentos persoais, o achegamento á Historia da Arte e as súas disciplinas. Conformando un espazo de seguridade e experimentación que xere en nós a confianza para investigar e propiciar un traballo plástico autónomo, sen pretender como obxectivo ultimo a consecución dunha obra pechada. 



Sen dubida é o taller mais emocionante e de responsabilidade para min, un espazo delicado cheo de estimulo e emoción, un agasallo de confianza que debo aproveitar. 


Ningún comentario:

Publicar un comentario