luns, 28 de outubro de 2019

Dinamizando o Samain en By Carmina, Os Castros



Tivemos un día estupendo de sol para ser Outubro así que, desfrutamos da terraza da cafetería ByCarmina, e enchémola de vida e nenxs con ganas de pintar e explorar a súa creatividade. 
Deseñando e pintando as cabazas  para logo, quen quixera, facerlle unha diadema de follas secas, herbas e outros elementos que tinha polo taller para reaproveitar conseguindo unhas fermosas e divertidas diademas que acabaron nas cabezas en vez de nas cabazas. 
Fermosa xornada! 
Agradecer a bycarmina ese espazo tan fermoso e aberto ao barrio e as familias, nenas e nenos que se achegaron con tantas ganas a participar e dar vida a rúa.



Repetiremos obradoiros este Nadal, que xa está chamando á porta :) 
Estade atentxs as redes sociais ou neste blog teredes toda a info  



 

Ningún comentario:

Publicar un comentario