luns, 22 de abril de 2019

Taller de carvado de sellos y estampacion en madera


O próximo sábado día 27 no tallerdepolo estará Sucede arte visual ofrecendo un divertido e creativo taller de selos e estampaxe sobre madeira. Sucede é un novo proxecto creativo que mestura os saberes da creación visual e fotográfica co deseño e a artesanía; sempre tendo como alicerce o coidado polo medio ambiente. Con ampla experiencia na realización de talleres Sucede ofrécenos unha tarde chea de sorpresas e aprendizaxes divertidas, ademais de levar para a casa uns obxectos fermosos cheos da enerxía mais respectuosa coa natureza. Aínda estades a tempo de anotarvos e desfrutar un sábado distinto en moi boa compaña.
Inscricións en sucedeartevisual@gmail.com

https://www.facebook.com/sucedeartevisual/




Ningún comentario:

Publicar un comentario