Gran
parte do alumnado síntese desexoso de tomalo sol e pasar o día no
exterior, desfrutando das persoas queridas, desfrutando do bo tempo,
do tempo de vacacións ou na aldea... xa sabedes a que me refiro. O
tempo cotiá parece parar no verán para levarnos a
territorios de horizontalidade, relacións e charlas, lecturas na
praia, ... por iso despedidos este curso xa, sabendo que o
retomaremos de novo a mediados de setembro, coas pilas recargadas e
listas pra novas aventuras pictóricas!
Para
celebrar a nosa aventura neste curso pasado un picoteo de
larpeiras e larpeiros acompañado de estupendas notas; curiosamente
todo o alumnado obtivo sobresaínte :) tan boas cualificacións son
unha invitación a seguir adiante buscando retos cada vez mais
complexos ... a seguir pintando!
O noso fotógrafo favorito
Lino pinta follinhas
inspirándose na obra de D. Basso
Lino, Retrato de familiar
Maite, obra en proceso
Pily, obra en proceso
Victoria, divertíndose coa pintura
Gerarda, descansando de pavo :)
Ela, adora Venecia ;)
grupo de larpeirxs pintores despedindo o curso e dando a benvida ao verán!
Para as/os que non poden parar de pintar seguiremos en Xullo, os mércores pola mañá
e pola tarde e para súper intrepidxs: veranearte para maiores! boa oportunidade para soltarse e xogar coa pintura ;)
Ningún comentario:
Publicar un comentario